Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Cancela pide a dimisión "por decencia política" de Tomás Fernández Couto, investigado por prevaricación

SANTIAGO. EP  | 13.11.2017 
A- A+

A deputada do PSOE no Congreso Pilar Cancela reclamou a dimisión do responsable de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, quen está a ser investigado por un suposto delito de prevaricación na contratación de medios aéreos para os servizos de extinción de incendios.

"Creo que debería dimitir por decencia política", indicou Cancela nunha entrevista este domingo na Cadena Ser, na que lamentou que "ninguén" no Goberno galego asumise "responsabilidades políticas" despois da vaga de incendios que custou a vida a catro persoas e que arrasou preto de 50.000 hectáreas en apenas unha semana o pasado mes de outubro.

Cancela, que dirixiu a xestora socialista durante a etapa de interinidade aberta no PSdeG logo da dimisión de José Ramón Gómez Besteiro, chamou a abrir unha nova etapa nas filas socialistas na que debe desenvolverse un proxecto "non soamente orgánico, senón tamén político".

"Temos a responsabilidade de recuperar ese liderado da esquerda, que nos últimos tempos fomos cedendo; creo que é o gran reto que temos que pór en marcha inmediatamente", indicou.

Nesta liña, fixou como principal obxectivo a curto prazo as eleccións municipais de 2019, uns comicios locais que, segundo Cancela, "sempre deron músculo e capacidade institucional" ao Partido Socialista.

Para iso, e após da elección de Gonzalo Caballero como líder do PSdeG, a parlamentaria empraza ao vigués e ao seu recentemente estreada executiva a darlle un enfoque ao partido "alternativo, de esquerdas e potente" co obxectivo de "convencer á cidadanía" para que o socialismo sexa "o referente da esquerda e a alternativa ao PP".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS