Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Rural y Mar

Capturan unha quenlla fociñuda

FOTO: CEMMA
FOTO: CEMMA

REDACCIÓN  | 04.03.2011 
A- A+

O buque arrastreiro con base en Marín Gonzacove Uno capturou accidentalmente nas profundidades da plataforma de Galicia un rarísimo exemplar de quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni), macho de 161 cm de lonxitude. O exemplar entrou na rede do barco a principios de febreiro durante uns traballos de pesca a máis de 400 m de profundidade. Sendo conscientes da singularidade do caso, a tripulación púxose en contacto coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), entidade que malia o nome tamén asesora sobre outras especies mariñas, e que propuxo, dada a rareza e o grande interese científico do exemplar, a súa doazón ó Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) en Ferrol. Só constan 73 rexistros nos catálogos especializados en todo o mundo, de todos eles só seis apareceron na costa atlántica europea, dous deles en Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS