Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

cara ás eleccións xerais

Carlos Callón, Olalla Rodil, Noa Presas e Carme Adán, cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega

SANTIAGO. EP  | 08.11.2015 
A- A+

Carlos Callón por A Coruña, Olalla Rodil por Lugo, Noa Presas por Ourense e Carme Adán por Pontevedra serán os candidatos de Nós-Candidatura Galega ao Congreso dos deputados para as próximas eleccións xerais do 20 de decembro.

En concreto, o foco de atención das eleccións primarias realizadas este domingo recaeu sobre a provincia da Coruña, onde se presentaban dúas candidaturas a encabezar a lista para o Congreso dos Deputados, a de Carlos Callón (Avante Xuntos) e a de Tereixa Novo Arrojo.

Finalmente, Carlos Callón impúxose a Tereixa Novo como número un da lista ao Congreso ao conseguir un 65,84 por cento dos votos --1.197-- fronte ao 32,18 por cento de Novo, quen conseguiu un total de 585. Ademais, rexistráronse 29 votos en branco --1,60 por cento-- e cinco nulos --0,28--. A participación na provincia de A Coruña situouse no 75,03 por cento.

Así, a lista ao Congreso por A Coruña, encabezada por Callón, está composta por Isabel Martínez-Risco --1.355 votos--, Tereixa Novo --1.110--, Suso de Toro --1.084--, Elvira Souto Presedo --951--, Lucía Veciño Souto --735--, Djyby Fall --523--, Manuel Presas --417-- e Natalia Tarela --268--. Neste caso, houbo un total de 27 votos en branco e seis nulos.

Pola súa banda, na lista ao Senado atopan Xosé Luís Rivas, 'Mini' --1.340 votos--; Secundino García --919--; Vanessa Nieves Nieto --553--; e Miguel Anxo Abraira --442--.

En Lugo, a cabeza de lista ao Congreso é Olalla Rodil, única candidata, quen conseguiu o 96,74 por cento dos votos --rexistráronse 12 votos en branco e tres nulos--. Nesta provincia, a participación foi do 60,71 por cento.

A lista ao Congreso está configurada por Xosé Antón Ledo --252 votos--, Montserrat Porteiro --147-- e Xosé Paleo --52--. Neste caso, rexistráronse oito votos en branco e 17 nulos.

Pola súa banda, a lista ao Senado está conformada por Rosa Ana Prieto --318 votos--, Orlando González --277-- e Luis López Melle --201--. Rexistráronse catro votos en branco e dous nulos.

Noa Presas, única candidata, será a cabeza de cartel por Ourense, onde conseguiu un 94,46 por cento dos votos --341--. Neste caso, non houbo votos nulos, pero si 20 en branco.

A lista ao Congreso nesta provincia está configurada por Perfecta Losada --217 votos--, Fernando Alonso --61-- e Xosé Manuel Suárez --65--. Rexistráronse un total de 14 votos nulos e 9 en branco.

A lista ao Senado está integrada por Diego Lourenzo --254 votos--, Carme Bolaño --223-- e F. Xabier González --107--. En total, houbo oito votos en branco e dous nulos.

Por último, Carme Adán, única candidata, será a cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, onde obtivo o 90,56 por cento dos votos --1.238--. Nesta provincia rexistráronse 103 votos en branco e 13 nulos.

A lista ao Congreso está conformada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, con 913 votos; Miriam Rodríguez Fernández --690--, Alberte Lamazares --624--, Helena Pérez --360--, Teba Conde --319--, Miriam Pousada --379--, David Torres --216-- e Segundo González --181--. Neste caso, rexistráronse 15 votos en branco e sete nulos.

Pola súa banda, a lista ao Senado está integrada por Alba Cuba --828--, Xosé Collazo --622--, Valentín García Bóveda --476--, David Torres --239--, Ernesto Vázquez-Rey --189-- e Carlos Villar --83--. En total, rexistráronse 39 votos en branco e 21 nulos.

"MÁIS DE 4.000 PERSOAS"

En concreto, máis de 4.000 persoas --un 70 por cento dos censados-- participaron este domingo na xornada de primarias abertas de Nós-Candidatura Galega, unha coalición integrada polo BNG, Coalición Galega, Partido Galeguista, Fronte Obreira Galega (FOG) e Partido Comunista do Povo Galego.

A votación desenvolveuse a través de 144 mesas establecidas no conxunto do territorio galego, ás que se sumou a mesa telemática de voto online.

Na xornada de primarias, o conxunto de persoas censadas --máis de 5.800 en toda Galicia e na emigración-- podían realizar tres eleccións diferenciadas: cabeza de lista do Congreso, resto de lista do Congreso e candidatura ao Senado.

A este respecto, o coordinador da xornada, Suso Bermello, destacou "tanto a participación cidadá conseguida como a altísima calidade democrática do proceso de elección das candidaturas".

"Non houbo nunca en Galicia un proceso de primarias tan aberto, garantistas e participativo como este [...]. Estamos realmente orgullosos da experiencia", resolveu.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS