Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 13:50
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Carlos Callón será xulgado o próximo 30 de novembro polos seus reproches ao anterior xuíz decano da Coruña

SANTIAGO. EP  | 20.11.2012 
A- A+

O presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, será xulgado o próximo 30 de novembro por acusar ao anterior xuíz decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, de incumprir a Lei de Normalización Lingüística a raíz dunhas declaracións publicadas na prensa nas que aseguraba supostamente, durante o transcurso dun xuízo, non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña".

A Mesa convocou unha concentración en apoio a Callón durante o mesmo día 30 ás 12.30 horas, ante o Xulgado de Instrución Número 2 de A Coruña, ademais de reclamar o fin da "caza de bruxas contra o galego".

Así mesmo, critican que "a pesar das reiteradas solicitudes" para recibir información en galego, o xulgado remitiu a nova citación a Callón sen usar o idioma escollido polo denunciado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS