Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 12.28

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Carmela Silva, apartada temporalmente da política por un problema de saúde

VIGO. EP  | 10.07.2012 
A- A+

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos de Vigo, Carmela Silva, quen tamén é tenente de alcalde nesta corporación, viuse obrigada a deixar temporalmente a actividade política por un problema de saúde.

Nun comunicado, o Concello de Vigo explica que a Silva se lle detectou "nas últimas horas" un "problema de saúde", a gravidade do cal "está aínda por determinar". Así mesmo, indica que isto a manterá de baixa "durante un tempo".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cancelou todos os actos públicos que tiña programados para este luns. Na comunicación precísase que, por indicación da familia e amigos da edil socialista, prégase a "máxima sensibilidade" aos medios de comunicación.

Pola súa banda, tamén a través dun comunicado, o grupo municipal do PP desexa a Silva unha "pronta recuperación" e explica que, debido á "delicada situación persoal" que atravesa, decidiu deixar en suspenso as críticas políticas cara a edil de Urbanismo e tenente de alcalde vigués.

INCOMPATIBILIDADE DE POSTOS

A baixa de Silva debido a motivos de saúde prodúcese xusto despois de que, esta pasada fin de semana, esta política comunicase a Ferraz a súa renuncia a abandonar as súas responsabilidades no Congreso para centrarse nas municipais, pois a norma dun 'militante, un cargo' do PSdeG non permite a acumulación de responsabilidades.

De feito, a finais de xuño, a Permanente da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG decidira instar a dirección do partido a abrir un expediente á concelleira viguesa por incumprir a norma de incompatibilidades defendida polo líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

O debate sobre a apertura deste expediente era un dos puntos que tiña pendente abordar este martes a Executiva do PSdeG, así como a convocatoria do Comité Nacional Galego do próximo 21 de xullo para abrir o proceso de primarias.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS