Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 24.11.2017 Actualizado 18:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Carmela Silva descártase "absolutamente" para liderar o PSdeG: "Estou centrada na provincia"

SANTIAGO. EP  | 17.07.2017 
A- A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, descarta presentarse ao proceso de primarias para a elección do próximo secretario xeral do PSdeG, formación que debe escoller nova dirección tras máis dun ano de interinidade.

Nunha entrevista en Faro de Vigo recollida por Europa Press, Silva asegura que a decisión de apartarse da carreira por liderar aos socialistas galegos é "total e absoluta". "Que non haxa ningunha dúbida", remarca.

"A miña decisión é centrarme en exclusiva en mellorar a vida dos veciños da provincia que é o que deu bos resultados en Vigo", declarou a presidenta provincial.

Así mesmo, evitou pronunciarse sobre as súas preferencias para ocupar a Secretaría Xeral do PSdeG: "Calquera militante pódese presentar e pareceríame estupendo que o fixesen. Ogallá soen moitos nomes", apostilou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS