Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 19.10.2017 Actualizado 18:44
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

TEMPADA DE VERÁN

A Casa de la Troya de Santiago reabre as súas portas e programa visitas teatralizadas

SANTIAGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

O Museo Casa de la Troya inicia este venres a súa tempada de verán con visitas teatralizadas ao centro histórico de Santiago de Compostela e ao seu museo.

Tras o peche durante os meses de inverno, o popular edificio compostelán reabrirá de novo as súas portas e poderá visitarse todos os venres e sábados desde esta semana e ata mediados de xullo. Posteriormente, desde mediados de xullo e ata principios de setembro, abrirá durante toda a semana excepto domingos e luns.

Todos os venres que restan de maio e en xuño, a Casa de la Troya programará ademais rutas culturais teatralizadas por diferentes rúas e prazas do centro histórico de Compostela, seguidas dunha visita ao museo, co fin de contextualizalo no marco da cidade e do seu tempo.

Cada ruta, cun máximo de 15 participantes, partirá desde a Praza do Toural e durará ao redor dunha hora. O guía caracterizarase como un personaxe da novela La Casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín, e vinculará os lugares que se visiten coa trama do libro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS