Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Casado asegura que estas eleccións "van de desbloqueo" e non pecha a porta a acordos "mesmo co PSOE"

SANTA CRUZ DE OLEIROS (A Coruña), 06/10/2019.- O presidente do PP, Pablo Casado (5esq), acompañado polo dirixente do partido en Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (4d), durante o encontro con militantes que mantiveron este domingo no concello coruñés de Oleiros - FOTO: EFE/Cabalar
SANTA CRUZ DE OLEIROS (A Coruña), 06/10/2019.- O presidente do PP, Pablo Casado (5esq), acompañado polo dirixente do partido en Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (4d), durante o encontro con militantes que mantiveron este domingo no concello coruñés de Oleiros - FOTO: EFE/Cabalar

SANTIAGO. EP  | 07.10.2019 
A- A+

O secretario xeral do Partido Popular, Pablo Casado, asegurou que os próximos comicios "van de desbloqueo" do país, unha situación que quere afrontar como "forza máis votada" para establecer pactos con "todos os partidos constitucionalistas, mesmo co PSOE".

Con estas declaracións, Casado abriu a porta este sábado en Oleiros (A Coruña) a ser o líder do "desbloqueo" que "paraliza o país". Fíxoo nun encontro no que os populares de toda Galicia deron o pistoletazo de saída á carreira electoral e mostráronse "preocupados" pola situación do sector industrial galego.

Alí, Casado viuse arroupado polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ao que puxo como exemplo dun executivo "referente", "o que se fai na Xunta ten que facerse a nivel nacional", subliñou.

Os populares tamén buscan a "proximidade" cos cidadáns e din entender "o cabreo" que supoñen estas eleccións, pero animan a todos "os votantes de centro dereita", que apostan por un partido "reformista e liberal", a aglutinar o voto no PP, unha forza que "demostrou estar á altura nun momento complicado para España".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS