Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Case 100.000 traballadores están afectados por preto de 18.000 ERTE en Galicia

A Coruña é a provincia con maior número de expedientes, pero en Pontevedra hai máis empregados con despedimentos temporais

SANTIAGO. EP  | 25.03.2020 
A- A+

Os traballadores afectados por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) están a piques de superar a barreira dos 100.000 na Comunidade galega pola crise do coronavirus, dado que actualmente son un total de 95.511.

Segundo as cifras deste mércores da Consellería de Economía, Emprego e Industria, hai 17.763 ERTE presentados en Galicia, preto de 4.000 máis que o día anterior. Os traballadores aumentan en case 25.000 en 24 horas.

Os ERTE que afectan a toda a Comunidade son 510 --con 9.627 traballadores--. Na provincia da Coruña son 6.929 expedientes, con 32.007 empregados. Pontevedra está á cabeza en traballadores afectados, con 37.403 --en 5.775 ERTE--.

A máis distancia están os 2.316 ERTE na provincia de Lugo, con 7.844 empregados; e os 2.212 expedientes en Ourense, con 8.630 afectados. A estas cifras súmanse 21 ERTE a nivel estatal que tamén se producen en Galicia, aínda que a Xunta non ten cifras de traballadores neste caso.

PASOS A SEGUIR
Así, a Xunta informa os pasos a seguir nos procesos de ERTE, xa sexan por causa maior polo coronavirus ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou produción.

No caso dos ERTE por forza maior, as empresas deben solicitar o expediente de regulación a través da sede electrónica cun informe pola perda de actividade. Debe acompañarse a documentación acreditativa con cuestións como a comunicación aos traballadores ou á representación legal, unha memoria xustificativa e unha listaxe do cadro.

Após iso, a autoridade laboral ten un prazo máximo de cinco días para constatar ou non a causa de forza maior para o ERTE. Unha vez comunicada a resolución, a empresa debe adoptar medidas e dalas a coñecer.

Finalmente, para solicitar a prestación en nome dos traballadores, as empresas enviará ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) o modelo de ficheiro dispoñible na súa web (sepe.es), así como o certificado de empresa a través da aplicación Certific@2.

No suposto de ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou produción, as empresas deben comunicar aos traballadores ou representación legal a intención de iniciar o procedemento. Despois ten que constituírse nun prazo máximo de cinco días a comisión negociadora do período de consultas. Posteriormente, comunícase á autoridade laboral o inicio do procedemento a través da sede electrónica da Xunta --é potestativa a petición de informe a Inspección de Traballo--.

Nun prazo máximo de sete días débese abrir un período de consultas. A comunicación á autoridade laboral da decisión empresarial a través de sede electrónica ten 15 días. Os últimos pasos son a notificación ao persoal e ao SEPE.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS