Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Case 300.000 nenos galegos poderán saír á rúa a dar paseos a partir deste domingo

SANTIAGO. EP
A- A+

Case 300.000 nenos galegos menores de 14 anos poderán saír á rúa a partir deste domingo, 26 de abril, a dar paseos, en función da medida do Goberno para suavizar o estado de alarma para os máis pequenos ante o coronavirus.

Segundo os datos do padrón en Galicia, a franxa de menores de 14 anos (de 0 a 13 anos) abarca a case 300.000 nenos. Por provincias, na Coruña hai 126.338 nenos menores 14 anos; seguida de Pontevedra, con 111.953; Lugo, 31.117; e Ourense, con 28.108.

En total, en España residen 5,8 millóns de menores entre 0 e 13 anos, segundo os últimos datos do INE, un 13,1 por cento de toda a poboación. Desde este domingo, poderán aliviar o seu confinamento dando un paseo ao día dunha hora, nun radio dun quilómetro do seu domicilio. Un adulto que conviva con eles, que poderá ser tamén un empregado de fogar con autorización, poderá acompañar a até 3 nenos.

Os paseos poderanse realizar de 9.00 a 21.00 horas, aínda que se recomenda evitar as horas punta, e son compatibles cos xa autorizados para menores con necesidades especiais e familias monoparentais.

Iso si, non poderán dar paseos os nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persona con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.

Así o especifica a orde do Ministerio de Sanidade publicada este sábado no BOE e complementada por unha guía redactada xunto pola Vicepresidencia de Dereitos Sociais e para a Axenda 2030.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS