Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 12.28
Pero nas grandes “maiorías absolutas” acontece que, máis cedo ou máis tarde, deveñen en absolutas e mesmo en tiranías, porque non respectan, ou máis ben violan, o principio “dos dereitos naturais do home e do cidadán”. Hoxe, temos a Declaración de Dereitos Humanos. O caso Garzón é, cando menos, un exemplo de esa falta de respecto aos Dereitos Humanos e máis ben reviste o desaguisado hábito dunha contumaz persecución. Llamazares (IU) denominouna graficamente “linchamento”. Un servidor non é partidario de termos tan fortes e mesmo ferintes. Pero a realidade é que tal prece. Vexamos o que nos din os feitos:
O caso do avión Jac 42, con sesenta e tantas víctimas, de cuxa responsabilidade se imputou ao daquela ministro Sr Trillo, acaba de ser absolto e libre de toda culpa. Son culpables as víctimas . O Gürtell e os seus compañeiros de “rede” saíron absoltos. E poderiamos seguir con CN+Gabilondo, Operación Campeón –Blanco-Dorribo. Este últmo, caso de probarse o suposto Afaire, ¿non sería tan responsable de “corrompido” coma Branco de corruptor? Etc, etc. ¿Somos, pois, todos iguais ante a Xustiza, como ven de nos recordar o Rei D. Juan Carlos?
O caso é de tal transcendencia que, fóra de España, provoca críticas e mesmo chanzas nos medios estranxeiros. Vexamos que di, por exemplo, o New York Times. Título: “La Verdad a Juício en España”....”En defensa del juez Baltasar Garzón. "España es ahora una democracia viva, pero el juicio contra Baltasar Garzón iniciado la pasada semana [el de la memoria histórica] es un preocupante eco del pensamiento totalitario de la era de Franco", asegura la cabecera para quien el juez estaba amparado por el derecho internacional cuando estableció que ante crímenes contra la humanidad no podían aplicarse leyes de amnistía. "Miles de fosas siguen cerradas", recuerda el diario”. E engade:
“El Tribunal Supremo "nunca debió haber aceptado este caso", abierto, recuerdan, tras la denuncia de "dos grupos de extrema derecha". En España, "donde los procesos contra magistrados son poco frecuentes", que un solo juez tenga tres causas abiertas, "podría frenar la independencia judicial".
Di outras cousas moi substanciosas; pero, para hoxe, abonda.
