Hemeroteca web
|
RSS
Luns 20.05.2013
| Actualizado 18.51
Nos tempos do consumo de usar e tirar, convén lembrar aos devanceiros para non esquencernos de que somos unha area na mar. Celso Emilio é un dos centenarios que xa non están, pero que perdura na sua obra. E con el, as circunstancias, a historia do país. Coido que as guerras, e moito mais as chamadas civiles, son o peor que lle pode pasar a un pobo, moito mais que as crises económicas e as epidemias.
Celso Emilio soubo dar voz a esos sentimentos e expresar xa nun título, longa noite de pedra, un mundo.
A min doume a oportunidade de falar de Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruime, no Ateneo de Madrid, tan vencellado a Azaña e a intelectualidade republicana. Non deixa de ser curioso que un home tan suspicaz cos relixiosos presentara con tanto entusiasmo a un home, galeguista por enriba de todo, pero tamén de fe e santo.
Non podo esquecerme da polémica ao remate da miña conferencia. Un dos asistentes, o xesuita compostelán José María de Alejandro, aproveitou para resaltar o papel da eirexa na cultura e no desenrolo, a propósito do gran Cernadas. E Celso Emilio replicou con moita dureza. O seu predecesor Curros era sarcástico contra a xerarquía relixiosa, pero Ferreiro moito mais apaixoado.
O xornal Informaciones reseñou a conferencia. A prensa madrileña, multiplicada agora en número, cuidaba a cultura, incluso as minoritarias, nos primeiros tempos da transición. E, por suposto, tamén o Ateneo.
