Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Centos de persoas mobilízanse na Coruña para esixir "garantías de emprego" na central térmica das Pontes

A CORUÑA. EP  | 17.09.2019 
A- A+

Centos de persoas mobilizáronse na Coruña para esixir "garantías de emprego" para os traballadores da central térmica das Pontes, após cinco meses de inactividade na mesma. Ademais, esixiron a "implicación" do Goberno central e da Xunta na procura de solucións ante a actual situación.

Na mobilización, máis de 500 persoas, os asistentes --entre eles persoal de empresas auxiliares e transportistas, que se desprazaron á cidade en 130 camións--, reclamaron estas solucións con pancartas e lemas coreados nunha protesta ante a Delegación do Goberno en Galicia, ante a que houbo tamén cortes de tráfico.

Nela, os representantes sindicais fixeron chamamentos a que se encare un proceso de descarbonización na central "regulado e ordenado" e un cambio de modelo produtivo que inclúa "garantías para o emprego", expuxo Alberte Amado, da CIG. "A Xunta ten moito que dicir e o Goberno central ten que mollarse", engadiu, á súa vez, José Furtado, de CC.OO.

Durante a protesta, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e os representantes sindicais reuníronse co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que lles trasladou que serán recibidos pola ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, a finais deste mes, segundo explicou o rexedor.

"Satisfeitos por ese pequeno obxectivo", sinalou González Formoso, quen cualificou de "sinsentido que a unha central que decidiu investir para adaptarse á normativa europea non se lle dea ningunha oportunidade".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS