Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 24.11.2014  | Actualizado 00.35

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

denuncia do PSdeG

Os centros sanitarios de Ourense non cubren vacantes por xubilación ou comisións de servizo

Lista de espera dun mes para extraer sangue no centro de Valenzá (Ourense)

19.03.2012 
A- A+

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) denunciou este mércores que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cobre as prazas de enfermaría vacantes por xubilación ou comisións de servizo en varios centros de saúde da provincia de Ourense.

Nun comunicado, os socialistas indican que no centro sanitario de Barbadás (Ourense) non foi cuberta coa contratación dun novo profesional a baixa por xubilación da persoa que ocupaba a única praza de enfermaría do centro.

Ademais, aseguran que esta mesma situación está a darse nos centros de saúde de Viana do Bolo e Laza, os dous municipios en Ourense, nos que as persoas que traballaban alí marcháronse en comisión de servizos.

Por este motivo, a deputada socialista María del Carmen Acuña presentou este luns unha pregunta para a súa resposta oral en comisión sobre a supresión destas prazas de enfermaría.

"Estes casos de amortización de prazas de facto, xunto á amortización dunha praza de médico de atención primaria nun centro da saúde da cidade de Ourense representan unha diminución na calidade do sistema sanitario", asegura a deputada.

UN MES PARA EXTRAER SANGUE


Deste xeito, Acuña explica que, nestes momentos, a enfermeira do centro de saúde de Valenzá (Ourense) desprázase unha hora ao de Barbadás. Denuncia ademais que desde finais de 2011 existe un mes de espera para as citas de extracción de sangue, debido a que o persoal que forma parte do persoal do centro de saúde de Valenzá non se viu incrementada.

"Non se está prexudicando unicamente aos pacientes do centro de Barbadás, se non tamén aos de Valenzá, onde unha soa enfermeira ten que atender as urxencias, as extraccións de sangue e as urxencias de pediatría", engade.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS