Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 02.04.2020 Actualizado 14:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Denuncia "saturación"

CESM-O'MEGA denuncia a pasividade da xerencia do hospital Clínico de Santiago ante a "saturación" de urxencias

SANTIAGO. EP  | 03.01.2017 
A- A+

A coalición sindical CESM-O'MEGA denuncia a pasividade da xerencia do hospital Clínico de Santiago de Compostela ante a "saturación" de urxencias.

Ao respecto, alerta de que se alcanza unha media diaria de 350 pacientes, o que "agravou aínda máis" a situación ao pasarse de "colapsos puntuais" a un "amoreamento de pacientes nos corredores onde esperan para poder recibir unha primeira valoración".

Sobre este extremo, lamenta que esta problemática se denunciou "dende hai tempo", e se fixo chegar á Consellería de Sanidade, "sen que a xerencia tomara ningunha medida".

Así, CESM-O'MEGA censura que na actualidade 19 dos 69 sitios de urxencias se atopan sen dotación de persoal, o que supón máis do 25% dos dispoñibles, ademais de 54 camas pechadas no CHUS mentres os pacientes se acumulan nos corredores. E é que "aínda que dispoñen de recursos abondos para mellorar a situación non o fan".

Neste sentido, apunta que a xerencia "acumula xa tres requirimentos de inspección de traballo para deixar libres os corredores de urxencias (vías de tránsito ou evacuación) sen que ata a data se corrixira esa ilegalidade".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS