Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Na súa casa en Vilanova

Os 'Charlíns' apuntan a un roubo como motivo do asalto e agresión ao patriarca e un fillo

PONTEVEDRA. EP  | 11.04.2018 
A- A+

O patriarca do clan dos 'Charlíns', Manuel Charlín, e o seu fillo Francisco Melchor Charlín Pomares apuntaron a un suposto roubo de diñeiro como motivo do asalto e agresión sufrida na mañá deste mércores na súa casa en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, axentes da Policía Local de Vilanova de Arousa foron os primeiros en chegar á vivenda onde sucederon os feitos.

Os agredidos manifestaron aos axentes que "lles ían a roubar diñeiro", puntualizaron as mesmas fontes. A Policía Local realizou unha primeira inspección da vivenda e procedeu a comprobar se os autores estaban nas proximidades.

Posteriormente fíxose cargo das pescudas a Guardia Civil, que abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e indentificar e localizar aos autores do asalto e a agresión.

O patriarca do clan dos 'Charlíns', Manuel Charlín, recibiu a alta hospitalaria na mañá deste mércores após ser atendido das lesións que presentaba despois de ser agredido, xunto a un dos seus fillos, no asalto á súa vivenda en Vilanova.

Manuel Charlín, de 85 anos de idade, foi atendido no Hospital do Salnés por contusións e traumatismos após o que, debido á súa boa evolución, recibiu a alta.

Pola súa banda, o seu fillo Francisco Melchor Charlín Pomares, de 56 anos, quedou ingresado en observación no servizo de Urxencias do Hospital do Salnés pendente de evolución. Non entanto, o seu estado non reviste gravidade.

FEITOS
Sobre as 9,00 horas deste mércores rexistrouse un asalto con agresión nunha vivenda dos 'Charlín' no municipio de Vilanova de Arousa durante o que resultaron feridos o patriarca, Manuel Charlín, e o seu fillo Francisco Melchor Charlín.

Fontes do Instituto Armado relataron que uns encapuchados, supostamente con acento suramericano, agrediron a Melchor Charlín e ao patriarca do clan, que cumpriron condenas por narcotráfico e branqueo.

Por iso, ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 que levou tanto a Manuel Charlín, de 85 anos, e ao seu fillo Francisco Melchor, de 56 anos, ao Hospital do Salnés, para recibir asistencia sanitaria.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS