Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

filtración de WikiLeaks

A CIA vixía o independentismo galego

O grupo de intelixencia global Stratfor sitúa a Galicia entre as rexións do Vello Continente onde se fala de separatismo, pero con menor risco de secesión // Curiosamente ve máis risco en Cataluña que en Euskadi

SANTIAGO. SANTI RIVEIRO  | 20.08.2012 
A- A+

Galicia ten algo en común con Cataluña e País Vasco, iso seguro, pero tamén con Chechenia, Daguestán ou Ingushetia, en Rusia, ou Kósovo en Serbia. Que pode haber de similar con estas últimas rexións do Vello Continente en constante violencia separatista? Pois que todas elas forman parte da análise sobre o risco de secesionismo en Europa realizado pola compañía Stratfor, grupo de intelixencia que traballa para os servizos de seguridade de Estados Unidos -entre eles a CIA- que inclúe a estas CCAA nun ranquin. Así se recolle nunha filtración de WikiLeaks realizada ao dez da noite do pasado venres na súa web, que foi recollida xa onte, en primeira instancia, polo xornal Ara, cuxa liña editorial defende a independencia dos chamados Países Cataláns (Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares).

As últimas revelacións de WikiLeaks foron lanzadas o día antes de que o seu fundador, Julian Assange, e a súa man dereita legal, o exjuez español Baltasar Garzón, saísen onte á palestra. Para o diario en catalán foron unha festa por un pequeno aínda que curioso detalle: na listaxe de perigo de separatismo, de vontade de independizarse, sitúan un grao por encima a Cataluña que ao País Vasco. Xa en 2010, por tanto, debíase dar por feito o fin da loita armada de ETA. Sexa como for, a vicepresidenta do Govern catalán, Joana Ortega, respondío a este medio que é unha "boa noticia" que se sitúe á comunidade como posible futuro estado, pois alí trabállase para conseguir "un país en plena liberdade e totalmente soberano".

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS