Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
A Xunta de Galicia homenaxeará este mércores ao intelectual galegista Isaac Díaz Pardo cun acto que se celebrará na Cidade da Cultura e que estará presidido polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
Ao evento asistirán numerosas personalidades da vida cultural galega e contará coas intervencións, entre outros, de Xosé Díaz, en representación da familia Díaz Pardo; do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e do presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González. A actuación musical correrá a cargo da gaiteira Susana Seivane.
Dende o falecemento de Díaz Pardo, acontecido o 5 de xaneiro, o Goberno galego traballou en colaboración coa familia para organizar a homenaxe institucional a esta destacada figura do galeguismo. Con este acto a Xunta quere agradecer e homenaxear a Díaz Pardo por o seu "infatigable traballo en favor da cultura galega", así como polo seu "talento artístico" e seu "esforzado compromiso co desenvolvemento cultural e empresarial de Galicia".
