Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.10.2014  | Actualizado 00.44

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

MOBILIZACIÓN

A CIG carga contra o "terrorismo patronal"

2.000 persoas manifestáronse nas rúas de Santiago contra a nova negociación colectiva que "recorta dereitos" e "precariza"

Aspecto da manifestación convocada pola CIG que discorreu onte polas rúas de Santiago de Compostela - FOTO: CIG
Aspecto da manifestación convocada pola CIG que discorreu onte polas rúas de Santiago de Compostela - FOTO: CIG

EUROPA PRESS . SANTIAGO   | 17.06.2011 
A- A+

Máis de 2.000 persoas, convocadas pola Confedaración Intersindical Galega (CIG), manifestáronse en Santiago de Compostela en rexeitamento á nova negociación colectiva xa que, ó seu xuízo, "recorta dereitos" e "precariza aínda máis" os traballadores, á vez que lles impide defender" as súas condicións.

Así o expresou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, antes do inicio da marcha, que tivo lugar onte polas rúas da capital galega, e na cal os manifestantes corearon consignas como "Queremos traballar e non emigrar" e "Reforma laboral, terrorismo patronal". En declaracións ós medios de comunicación momentos antes do inicio da manifestación que partiu do Palacio de Congresos compostelán (onde a CIG celebrou a súa asemblea), Suso Seixo, explicou que a nova negociación colectiva "vai na liña de debilitar a clase traballadora", ó xerar "máis división" dentro desta. Neste sentido, asegurou que esta intención de "dividir" os traballadores radica en que, na nova negociación colectiva, "prevalecerá" o convenio de empresa con respecto ó sectorial (provincial).

Así, Seixo indicou que, ata agora, co convenio de empresa "non se podían diminuír" as condicións laborais e sectoriais que estaban pactadas nos convenios provinciais, mentres que, a través destas reformas, si se poderán pactar "condicións peores".

Ademais, segundo criticou, ábrese a vía dentro dunha empresa "ós convenios corporativos, de profesión". Un feito, que para Seixo, diríxese a "dividir e debilitar os traballadores para que non poidan ter a capacidade de presión suficiente á hora de mellorar as súas condicións laborais".

A nova estrutura de negociacións tamén lles "dá prioridade ós convenios estatais", xa que, segundo denunciou Seixo, patronal e centrais sindicais (en relación ás de ámbito estatal, CCOO e UGT) pretenden "monopolizar o sindicalismo e a negociación colectiva". Deste xeito, "cárganse" os convenios provinciais, que lles daban a posibilidade ós traballadores de participar neles e que "reunían suficiente masa crítica" para "poder presionar" na defensa dos dereitos. "Dificultan así o exercicio da actividade sindical", censurou.

Ante o novo escenario, o secretario xeral da CIG indicou que a central nacionalista terá que "reforzar moito máis" a súa estrutura sindical nas empresas, para "evitar" que os empresarios poidan "impor convenios de empresa que empeoren as condicións recollidas nos convenios sectoriais"..

DECLARACIÓNS

Non se desbota outra folga xeral

Ó preguntárselle sobre a posibilidade de que a CIG convoque unha nova folga, Suso Seixo afirmou que "ante as medidas que se están tomando" por parte dos gobernos e as empresas, a central sindical "non descarta" que en calquera momento se reúnan as "condicións necesarias, obxectivas e subxectivas", para convocar un novo paro xeral.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS