Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

reformas

A CIG chama a CCOO e UXT a convocar unha nova folga xeral

17.12.2010  O sindicato cre que o Pacto de Toledo busca un acordo "ambiguo" para que o Goberno estableza a suba da idade de xubilación

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . SANTIAGO

Concentración de delegados da CIG, con Suso Seixo á fronte, o mércores nunha oficina do INEM coruñesa FOTO: ALMARA
Concentración de delegados da CIG, con Suso Seixo á fronte, o mércores nunha oficina do INEM coruñesa
FOTO: ALMARA

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, afirmou que ten o "convencemento ó 100%" de que se producirá "unha nova folga xeral" e chamou a CCOO e a UXT a poñerse de acordo entre as tres organizacións para fixar a data, que debe ser anterior á aprobación da reforma das pensións no Congreso.

"Non imos esperar á aprobación das reformas para aprobar a folga, hai que facelo antes e non podemos ir á dinámica da folga pasada", defendeu Seixo, durante unha roda de prensa para presentar as protestas que organiza esta central para o próximo 21 de decembro, ante o Parlamento galego, con motivo da aprobación dos Orzamentos da Xunta para 2011; e o 22 na Coruña, ante a Delegación do Goberno, en protesta polas contas estatais para o ano que vén.

O líder da CIG indicou que chamará os responsables de UXT e CCOO para poñerse de acordo sobre a data dun novo paro xeral, se ben considerou que "probablemente" os actos de protesta se farán en convocatorias separadas. "A nova folga xa tiña que estar fixada", resumiu.

En relación co preacordo alcanzado polo Pacto de Toledo para ampliar o período de cálculo das pensións, Seixo manifestou que esperará a coñecer "en que se concreta", pois ata o momento as informacións son "confusas".

En calquera caso, manifestou que "todo dá a entender" que o que se pretende é "sacar unha redacción suficientemente ambigua" para que, posteriormente, o Goberno fixe, mediante un proxecto de lei, o atraso da idade de xubilación e o incremento a 25 anos para calcular a base.

A resposta "mobilizadora", advertiu, será "maior en función do contido" que teña finalmente esta reforma. Neste punto, subliñou que é "máis grave" que haxa propostas de elevar a 40 anos a cotización necesaria para contar co 100% da prestación de xubilación.

O secretario xeral da CIG explicou que as protestas para a próxima semana sobre contra unhas contas "tremendamente regresivas" que "deterioran os servizos públicos". Os orzamentos son, nos dous casos, "enormemente restritivos nos gastos" e "non se diferencian na súa orientación". "Feijóo ten como manía culpar de todos os males ó Goberno central, pero el incide nas mesmas condutas", censurou.

Pola súa parte, en representación dos traballadores de servizos públicos, Mari Carme Santamariña dixo que en 2010 se viu como "desaparecen gota a gota os servizos públicos" e 2011 "será aínda máis agresivo". Así, criticou as baixadas de salarios e os criterios de cubrir as mínimas baixas posibles. "É unha mercantilización e privatización dos servizos públicos", asegurou. O responsable da área de sanidade, Xoan Ramón Fernández, subliñou a "mingua importante" na contratación de persoal que se producirá o próximo ano, co que "a prestación vai empeorar e vai incidir nas listas de espera".

AS FRASES

Suso Seixo, secretario xeral da CIG

"Só hai unha orientación, que é dificultar o acceso ás pensións e o recorte para que a xente opte polos fondos privados"

 

Anxo Louzao,CIG Educación

"Os centros sufrirán un recorte do profesorado, co que non se poderá facer un ensino de calidade para frear o fracaso escolar"

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS