Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EMPEZA O CURSO ESCOLAR

A CIG denuncia que aumenta o profesorado que non é especialista de materias

Tamén protesta pola provisionalidade en secundaria

SANTIAGO. EP  | 11.09.2017 
A- A+

A CIG denuncia que aumenta o profesorado que non é especialista de materias e a provisionalidade en docencia en Galicia en ESO, Bacharelato, FP e ensinos en réxime especial na adxudicación definitiva do cadro de persoal.

Así, a CIG critica que este ano haberá 2.698 docentes interinos en secundaria e outras etapas diferentes de infantil e primaria, o que supón un aumento do 3% respecto ao curso anterior. Unha cifra que contrasta cos 337 interinos que había en 2010 nestas mesmas etapas, lamenta.

Pola súa banda, os docentes que impartirán materias afíns no canto das súas especialidades serán 1.271, o que significa un incremento da 6% fronte ao ano anterior, mentres que supón máis do 28% do profesorado con destino provisional.

Aquí, chama a atención sobre que a Xunta "non é quen de afrontar o problema do profesorado da especialidade de música", ao adxudicar "catro postos para facer substitucións zonais a funcionariado de carreira".

Ademais, o sindicato censura que a "flagrante ilegalidade" de que profesorado imparte módulos de bloques comúns de FP Básica sen "ter atribución docente para facelo".

Por todo iso, CIG Ensino concentrarase este mércores, 13 de setembro (11,00 horas), ante a Consellería de Educación para denunciar esta problemática.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS