Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.06.2019 Actualizado 20:38
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

CIG eleva a 487 os despedimentos do Santander en Galicia

Suma as prexubilacións que o banco ofreceu desde marzo

SANTIAGO. EP  | 24.05.2019 
A- A+

CIG-Banca eleva a 487 os despedimentos do Banco Santander en Galicia, ao contabilizar, xunto aos 271 propostos no expediente de regulación de emprego (ERE), as prexubilacións que a entidade ofreceu desde marzo, e polas que "leva amortizados 216 postos de traballo".

A través dunha nota de prensa, a entidade financeira critica que a entidade financeira "xa mostra de inicio as súas intencións, reservándose o dereito de aceptar ou non a adscrición voluntaria ao expediente en función das súas necesidades". Neste sentido, engade que "ao tempo" establece "criterios de adscrición non voluntaria, é dicir: despedimentos".

Respecto diso, a central nacionalista lembra que non asinou o protocolo de fusión de novembro de 2018 ao entender que "non garantía nada".

O 14% do persoal que Santander propón no ERE (271 de 1.916) é unha porcentaxe, segundo destaca, "superior á media estatal", que estima no 12%. Tamén agrega que "a maior parte das medidas estarán aplicadas a 31 de decembro deste ano".

Coas 216 amortizacións vía prexubilación, avisa de que ao final do proceso se estaría falando da destrución de 487 postos de traballo, case un 23%".

Neste contexto, anuncia que defenderá o mantemento "pleno" do emprego en Galicia e a posta en marcha dun proceso de prexubilacións, xa que non admitirá "ningún despedimento".

O pasado 21 de maio xa iniciou mobilizacións para denunciar as consecuencias "laborais e sociais" deste proceso e avanza que "continuarán".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS