Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 25.07.2014  | Actualizado 18.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

MOBILIZACIÓNS DO 1 DE MAIO

A CIG rexeita que sexa "prematura" outra folga xeral neste xuño: "A que hai que esperar?"

VIGO. E.P.  | 26.04.2012 
A- A+

O secretario de Organización da CIG de Vigo, Anxo Iglesias, rexeitou este xoves que sexa "prematura" unha folga xeral en xuño e, nese sentido, preguntouse "a que hai que esperar", tendo en conta os "recortes" que está acometendo o Executivo.
 Iglesias presentou este xoves os actos do 1 de Maio en Vigo e fixo un chamamento á cidadanía a manifestarse para trasladar ós gobernos do PP na Xunta e o Estado que os cidadáns "non aceptan máis recortes" e que "o camiño non pasa porque os traballadores paguen unha crise da que non son responsables".
 Iglesias recordou o "significado especial" que ten o 1 de maio e apostou por unha "resposta social" ante a reforma laboral e os recortes do Executivo en educación e sanidade. Segundo apuntou, este tipo de medidas "non serven para saír da crise" e tampouco solucionan o problema do desemprego.
 Neste sentido, recordou que segundo os últimos datos da EPA Vigo ten a taxa de desemprego máis alta de Galicia, cun 23,1 por cento -36.100 desempregados- e que o venres sairán novos datos. Sobre eles, augurou que "seguirán profundando" na destrución de postos de traballo.
 De igual modo, censurou a "aparición do copago" en cuestións como os medicamentos, o transporte sanitario ou as próteses, o que considerou un "paso atrás sen precedentes". Por iso, advertiu de que "haberá un antes e un despois na concepción da sanidade pública como dereito gratuíto e universal".

FOLGA XERAL
 Nesta situación, Anxo Iglesias recordou a proposta do secretario xeral da CIG, Suso Seixo, a outras centrais sindicais para convocar unha nova xornada de folga xeral en xuño e rexeitou que sexa algo "precipitado" -tal e como consideraron CC.OO. e UXT-.
 Neste sentido, preguntouse "a que hai que esperar" pois, se se deixa pasar o tempo, a situación verase agravada xa que "os recortes están sobre a mesa". "A CIG actúa con responsabilidade e compromiso porque a situación o require", defendeu, á vez que engadiu que "non valen escusas xa que a resposta ten que ser clara".
 Finalmente, incidiu en que "a presión social serve para moito, pero ten que ser constante".

ACTOS 1 DE MAIO
 A manifestación da CIG polo 1 de Maio sairá ás 12.00 horas do cruzamento da Dobrada e concluirá en Pórtaa do Sol. Anxo Iglesias fixo un chamamento á participación e augurou que a mobilización congregará a unha gran cantidade de persoas.
 Tamén con motivo do Día Internacional do Traballo, o próximo 28 de abril a CIG celebrará un acto de recoñecemento ós 800 afiliados con máis de 25 anos de antigidade.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS