Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 19.10.2017 Actualizado 18:44
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

XEOGRAFÍA

Colocan en escolas un mapa que 'anexiona' concellos de León e de Asturias a Galicia

Castela e León denuncia a colocación dun mapa nalgunhas escolas galegas, elaborado polos independentistas, no que se inclúen 13 dos seus municipios e parte de Asturias

REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO PILAR P. SOLIÑO   | 18.10.2006 
A- A+

GH

FOTO: GH

A prensa leonesa anda estes días un pouco de "fociños" con Galicia e a razón está nun "mapa comarcal de Galiza" elaborado polo grupo independentista Nós-Unidade Popular que inclúe once lugares de Sanabria e unha parte de Asturias.

Máis que a proposta desta organización de corte independentista de esquerdas, para os medios de comunicación casteláns o preocupante é que algúns profesores galegos decidiron colgar das paredes veñen das súas aulas o mapa. tal e como denunciando destes últimos días.

O plano da discordia -na imaxe- inclúe a anexión de cinco bisbarras lindeiras a Galicia, desde a zona de Ponto Castro en Asturias ata a conexión por Portugal a través de Rihonor, en Castela.

Ademais, Nós-Unidade Popular propón xa no mapa cinco denominacións para estas bisbarras: a zamorana Seabra, as leonesas Cabreira e Bércio e as asturianas Val do Ibias e Terra Návia-Eu. No caso de Zamora, a extensión territorial de Galicia inclúe once municipios e 73 vilas.

Segundo explica a organización independentista na súa páxina web, este é "o primeiro mapa destas características, destacando as bisbarras como entidades vivas dentro da territorialidade da Galiza, e que se fai se se cinguir ó territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, mais tendo en conta tamém os limítes históricos da naçom galega".

Ademais, defenden que na súa elaboración "colaboraron xeógrafos, filólogos e historiadores e historiadoras e seguíronse criterios históricos e funcionais á hora de acoutar as bisbarras, ademais de revisar a toponímia, ás veces, chegando a novas conclusións".

Aínda que o mapa se presentou po pasado mes de xaneiro, a polémica acaba de explotar en Castela e León, ante as denuncias da súa colocación nos muros dalgunhas escolas. Así, segundo unha información publicada a pasada fin de semana polo periódico La Opinión-El Correo de Zamora, "algúns dos exemplares puideron verse con total impunidade en diferentes colexios" de Galicia. "Alí onde hai dando clases profesores afíns a grupos independentistas e proclives á ampliación dos seus límites xeográficos", engade o diario.

 

Unha Galicia de 2.839.450 persoas

O mapa, presidido pola denominación "Galiza", defende o galego como único idioma posible do conxunto da comunidade autónoma galega que defende.

Os datos, proporcionados, polo tanto, inclúen tamén as novas "zonas". Así, aínda que Galicia ten unha extensión xeográfica de 29.434 quilómetros cadrados, a cifra elevaríase ata os 35.691 coa anexión de territorios. A poboación tamén experimentaría un cambio considerable: de 2.751.094 a 2.839.450 persoas. Ademais, a anexión provocaría que Castela-León perdese o Lago de Sanabria e a parte que lle corresponde de Peña Trevinca. As saídas viarias de Portugal pola Raia Norte serían ademais por Galicia.

CRÍTICAS

España con Cuba e Porto Rico?

Organizacións sociais e sindicais de Castela e León non tardaron en mostrar o seu rexeitamento a este mapa comarcal de Galiza.

Así, por exemplo, a web Liberalismo Aberto, de Zamora, inclúe o seguinte texto: "Os tolos de Nós-Unidade Popular, un grupúsculo de esquerda independentista segundo eles mesmos, editaron un mapa que algúns dos seus profesores (os tipos máis sinistros dos nacionalismos acostuman ser mestres) colgaron nalgúns colexios da comunidade autónoma (...); mostra ben os delirios dos nacional-socialistas galegos. (...) Imaxinen se nalgún colexio castelán aparecese un mapa de España que incluíse Cuba, Porto Rico e o Milanesado".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS