Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 12:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A compravenda de vivendas dispárase en xullo en Galicia e medra un 28,6%

Con 1.428 transaccións, é a segunda comunidade do Estado na que máis se incrementou este índice

SANTIAGO. EP  | 13.09.2018 
A- A+

A compravenda de vivendas disparouse durante o mes de xullo en Galicia e creceu un 28,6% con respecto a hai un ano, o que supón o segundo maior incremento porcentual do Estado, despois de Aragón, onde aumentou un 32%.

Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), o incremento galego está máis de 12 puntos por encima da media española, que foi do 16,2%.

En total, en Galicia vendéronse neste período 1.428 vivendas, cun cociente de 65 operacións por cada 100.000 habitantes. Esta cifra é superior á de hai un ano --de 50 operacións por cada 100.000 habitantes--, pero inferior á nacional, de 125.

Das 1.428 vivendas vendidas en Galicia no sétimo mes, a gran maioría, 1.361, eran libres, e os 67 restantes protexidas. Mentres, 274 eran novas e 1.154 usadas.

En total, transmitíronse este mes 3.090 vivendas galegas, 1.428 delas a través das compravendas, pero tamén 37 por doazóns, oito mediante permuta, 691 a través de herdanzas e 926 por outro tipo de operacións.

AUMENTO DE TRANSMISIÓN DE FINCAS
En canto ao total das fincas transmitidas inscritas nos rexistros, Galicia tivo 7.639 operacións en xullo, un 20,7% máis, e un total de 348 por cada 100.000 habitantes. Tamén neste caso o incremento porcentual é superior á media nacional (+14,5%).

Delas, 1.939 foron fincas rústicas, que se transmitiron por compravenda (564), doazóns (23), permutas (30), herdanzas (871) e outro tipo de operacións (451).

Os 5.700 restantes foron fincas urbanas, as 3.090 vivendas, 212 solares e 2.398 doutro tipo. A repartición neste caso é de 2.815 compravendas, 50 doazóns, 16 permutas, 1.153 herdanzas e 1.666 operacións doutro tipo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS