Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 26.05.2013
| Actualizado 02.18
Compromiso por Galicia avala aos afectados por preferentes e cre que a solución debe ser política
SANTIAGO. EP | 27.06.2012
Compromiso por Galicia (CxG) trasladou este martes o seu respaldo "ás lexítimas reivindicacións" dos afectados pola "estafa das preferentes" e considerou que a solución que a les da estes clientes sexa "política".
Nun comunicado, o voceiro da formación, Xosé Manuel Pérez Bouza, sostivo que "nun estado de dereito non se pode permitir que a banca leve a cabo un engano masivo a miles de cidadáns". Así, pediu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "pase das palabras aos feitos, se de verdade está do lado dos afectados".
A solución, incidiu Pérez Bouza, "ten que ser política" e debe achegala "o Goberno do Estado". Ademais, rexeitou a vía da arbitraxe, tal como propón a Xunta. "No caso de Novagalicia Banco, entidade na que o Estado, a través do FROB, ten a maioría do capital, resulta evidente que é o Goberno central do PP o que debe tomar as medidas necesarias para solucionar esta inxusta situación", concluíu.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.