Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 01.39
cre que podería incorrer en prevaricación
Compromiso insta a Baltar á "suspensión preventiva" da contratación de persoal na Deputación ourensá
OURENSE. EP | 18.08.2012
O voceiro de Compromiso x Galicia (CxG) na provincia de Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, instou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a "suspender de forma preventiva" todos os procesos que ten en marcha para a contratación de persoal na administración provincial.
Esixiuno nun comunicado, no que recordou que un xuíz ditaminou que as bases que regulan o acceso a postos de traballo dependentes da institución provincial son "ilegais" ao "non respectar os principios básicos que deben rexer todo proceso de selección para acceder a un posto dunha administración pública".
Segundo explicou Pérez Bouza, no caso de que o presidente da Deputación ourensana siga contratando persoal "ao amparo dunha norma que un órgano xudicial considera que non se adapta á legalidade", Baltar "podería incorrer nun delito de prevaricación".
Así mesmo, o voceiro en Ourense de CxG considerou que "este revés" á política de persoal da institución provincial "é un duro golpe para o clan Baltar" xa que, como denunciou, "as contratacións a dedo de centos de cargos públicos do PP" foron "a grande baza que utilizaron durante décadas para manter o poder no partido e na administración".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.