Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Común da Esquerda pregunta ao PSdeG se mantería en Galicia a posición de Sánchez e "dinamitaría" o cambio

SANTIAGO. EP  | 18.09.2019 
A- A+

A deputada do Grupo Común da Esquerda Luca Chao preguntou ao PSdeG se mantería en Galicia a posición do secretario xeral do PSdeG, Pedro Sánchez, e "dinamitaría" as posibilidades de "desprazar" a Alberto Núñez Feijóo da Xunta.

Luca Chao pronunciouse deste xeito despois de que o martes o Rei non propuxese candidato a presidente do Goberno despois de comprobar que ninguén reúne os apoios ante o fracaso das negociacións entre o líder do PSOE, Pedro Sánchez, e o de Podemos, Pablo Iglesias.

A parlamentaria cualificou de "tremendamente irresponsable" a decisión de Sánchez que, segundo advertiu, pode permitir "abrir a porta ao tres dereitas". Ademais, após asegurar que "ninguén quería" unha repetición electoral, sinalou que a cidadanía xa "falou moi claro" nos pasados comicios, nos que dixo que "quería un goberno de progreso".

Neste contexto, mostrou a súa preocupación polo que "poida pasar en Galicia". "En Galicia ninguén dubida de que calquera posibilidade de desprazar ao PP de Feijóo do goberno pasa por un acordo connosco, co espazo de progreso", manifestou.

Por iso, avanzou que o Grupo Común da Esquerda traballará para que "haxa unha alternativa de progreso" tanto en Galicia como no Estado que "garanta a estabilidade" e "políticas de benestar para a cidadanía".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS