Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 00.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Concello de Ferrol embarga unha promotora dunha urbanización por débedas de 1,2 millóns

FERROL. EP  | 31.07.2012 
A- A+

O Concello de Ferrol executou este 31 de xullo o embargo da totalidade dos bens de titularidad da empresa promotora "Proxectos Ciudad Xardín S.L.", ante a débeda de 1,2 millóns de euros contraída coa administración local en concepto de aproveitamento urbanístico e o custo do colector de saneamento que se construíra para dar servizo á zona.

Segundo informaron fontes municipais a administración local está así esgotando as vías de actuación contra o patrimonio da promotora das vivendas para evitar que o embargo afecte aos actuais propietarios dos inmobles.

O embargo executado este martes afecta á totalidade de bens de titularidad de 'Proxectos Cidade xardín S.L '. incluídas as vivendas de O Vinculeiro que aínda son da súa propiedade. A empresa promovera a construción de 110 chalés nesa urbanización residencial.

A débeda coa administración local correspóndese co 10% do aproveitamento urbanístico municipal e a parte proporcional da construción do colector da zona, por importe de 890.000 euros. A esta cantidade hai que sumar os impostos pendentes de aboar pola promotora (IBI, plusvalías, IAE e ICIO), ata sumar 1.199.885,72 euros.

O Concello continuará explorando outras vías de execución de embargo contra a promotora de Cidade Xardín. Inicialmente formulárase a posibilidade de realizar un embargo preventivo das vivendas ata que os propietarios fixesen fronte a pagamentos de entre 5.000 e 7.000 euros, en función da extensión das vivendas, pero agora tratarase de evitar ter que adoptar esta medida.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS