Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Concentración o sábado promovida por Queremos Galego pedindo o cesamento do Valedor

19.12.2011 

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO

Os concentrados na compostelá praza do Toural o sábado FOTO: JORGE M. DE LA CALLE
Os concentrados na compostelá praza do Toural o sábado
FOTO: JORGE M. DE LA CALLE

A plataforma Queremos Galego realizou o pasado sábado en Santiago de Compostela unha mobilización reclamando o cesamento do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación pola súa "caza de bruxas" contra un libro de texto por dicir que “o galego é a lingua propia de Galiza”, citando para iso de forma literal o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía.

O portavoz da plataforma, Carlos Callón, recorda que “esa afirmación é unha verdade innegábel, tanto dun punto de vista obxectivo, como curricular ou mesmo xurídico: a lingua propia de Galiza é o galego, aínda que haxa dúas linguas oficiais”. O tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística recorda que “se este manual escolar di na páxina 57 que o galego é o idioma propio de Galiza, xa na páxina 56 sinala explicitamente que O castelán é a lingua oficial de España, polo que a pretensión de censuralo se torna aínda máis vergoñosa”.

As persoas que responderon á chamada de Queremos Galego reclamaron o cesamento do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación “pola súa caza de bruxas contra a nosa lingua e contra a nosa cultura”. O acto estivo arroupado por rostros coñecidos como Carlos Blanco, Miguel de Lira, Isabel Risco, O Carrabouxo, Pepe Penabade, Roberto Sobrado, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marga Romero, Roi Casal, os compoñentes de Zurrumalla, Luís Iglesia (coñecido polo seu papel de Carmelo Matalobos) e Teresa Moure; estes dous últimos foron os encargados de leren o manifesto final.

O acto finalizou co canto de tres cancións por parte de toda a xente mobilizada, cos títulos “Miren señores que historia”, “Ergámonos” e “Derrogas Albertiño”, onde se apela de forma irónica aos ataques que está a padecer o idioma galego desde que preside a Xunta Alberto Núñez Feijóo.

Ver máis fotos aquí.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS