Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 10 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

segundo un estudo de Informa D&B

Os concursos de empresas descenden en Galicia un 34% no que vai de ano e as disolucións baixan un 8%

SANTIAGO. EP  | 11.12.2015 
A- A+

Os concursos de empresas descenderon en Galicia un 34% entre xaneiro e novembro fronte ao mesmo período de 2014, mentres que as disolucións tamén baixaron un 8% neses 11 meses de forma interanual.

En concreto, entre xaneiro e novembro rexistráronse 283 concursos e 1.338 disolucións en Galicia, segundo un estudio de Informa D&B, compañía de Cesce.

A nivel estatal, o descenso de concursos é do 24% fronte ao 34% de Galicia, aínda que en España a baixada é un pouco maior (9%) ante o 8% de Galicia.

No tocante ao mes de novembro, os concursos caen un 56% na Comunidade galega ata 18, mentres que a media estatal recorta tan só un 2%. As disolucións retroceden un 8% neste mes en Galicia, peor comportamento que o 10% de redución de España.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS