Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 26.11.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

nova etapa en compostela

Conde Roa demite como alcalde de Santiago

"Santiago non merece un alcalde que está na situación que eu estou", dixo na rolda de prensa // Reivindica que se ve "coas mans limpas" // Defende a súa "inocencia" e mantén que Feijóo non lle esixiu a dimisión, senón que foi el quen "marcou os tempos"

Conde Roa anunciando a demisión en Santiago - FOTO: A. HERNÁNDEZ
Conde Roa anunciando a demisión en Santiago - FOTO: A. HERNÁNDEZ

SANTIAGO. EP  | 16.04.2012 
A- A+

Gerardo Conde Roa (Padrón, 1959) fixo oficial que este mesmo luns, coincidindo coa publicación do auto que confirma a súa imputación formal por un suposto delito de fraude fiscal, presentará a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela, un cargo que asumiu o 1 de xullo do ano pasado. "Esta cidade vale o que non está escrito e non merece un alcalde que está na situación que eu estou", proclamou, antes de reivindicar que se vai "coas mans limpas".

A. HERNÁNDEZ
Conde Roa saúda ao que será nuevo alcalde de Santiago, Ángel Currás
FOTO: A. HERNÁNDEZ

Nunha concorrida roda de prensa convocada despois de que este domingo se reunise de urxencia co presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e cos seus concelleiros para abordar o seu futuro político, Conde Roa atribuíu a súa decisión de renunciar ao seu cargo a que é "o mellor" para a cidade, a Casa do Concello, a súa familia e tamén para o PP, formación na que milita.

"O PP é a miña casa e o partido ao que desexo servir con absoluta lealdade e hai que dicilo, tamén ao que servín con certo éxito nos últimos tempos", defendeu quen, nas municipais de maio de 2011, conquistou para os 'populares' a Alcaldía dunha cidade que tradicionalmente tivera gobernos de esquerdas, aínda que apenas chegou a completar os 10 meses como rexedor.

Arroupado polos seus concelleiros, algúns visiblemente emocionados, e pola súa muller, Benita Carlowitz, Conde Roa iniciou a súa intervención dando as grazas e transmitindo o "seu cariño" a todos os que lle apoiaron e insistiu en que decide abandonar o seu cargo "polo ben da cidade á que ama".

Dito isto, apuntou que os seus veciños "teñen dereito a saber" que o que ata hoxe era o seu alcalde está "imputado" por suposto delito de fraude fiscal --el mesmo recoñeceu unha débeda con Facenda de 291.000 euros--, pero defendeu que "non" por un delito derivado do exercicio do seu cargo como rexedor. "Grazas a Deus a miña vida pública está limpa", sentenciou.

"VOUME SEN BENEFICIO PERSOAL"

Nunha rolda que se prolongou durante case 45 minutos, Conde Roa sinalou que non só deixa o seu cargo "coas mans limpas", senón que tamén vaise "sen ningún tipo de beneficio persoal", ao tempo que alegou que toda persoa que exerce un cargo público está sometida "a un escrutinio especial" que, ao seu entender, púxose de manifesto" coa atención mediática que recibiu estes días.

Ao respecto, agradeceu aos medios o seu traballo e defendeu que el non "deu as costas" en ningún momento. "Creo que dei as suficientes explicacións ao longo da miña vida política", ha aseverado, para engadir que hai persoas "noutros partidos" que comparten a súa condición de imputado e que non compareceron "hora e media ante os xornalistas", en referencia á súa comparecencia da pasada semana.

"Santiago queda en mans dun bo equipo", manifestou, a liña seguida, antes de explicar que o proposto para o seu relevo á fronte da Casa do Concello será o ata agora concelleiro de Educación e Cultura e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, por unha decisión "libre" do conxunto de edís, da que desvinculou a Núñez Feijóo, pero tamén a el mesmo.

A todos os membros do equipo de goberno, "dende o primeiro ata o último concelleiro", fixo chegar o seu agradecemento público "polo seu respaldo e cariño". En ningún momento, defendeu, existiu "o máis mínimo rozamento" con ningún dos concelleiros populares, en mans dos que deixou sacar adiante "os proxectos pendentes" e lograr que a capital galega "cambie profundamente".

"ERROS PERSOAIS"

"Tranquilo" e disposto a asumir as súas "responsabilidades" no procedemento xudicial aberto, augurou que os cidadáns "saberán diferenciar erros persoais dos que son erros do goberno". Así, insistiu en que os feitos que se lle imputan --non pagar o IVE que cobrou de 61 vivendas construídas pola súa promotora Geslander en 2010-- producíronse antes da súa entrada no Pazo de Raxoi.

Neste escenario, insistiu en que a súa traxectoria como alcalde "é limpa" e agradeceu tamén aos funcionarios da Casa do Concello o apoio que lle brindaron dende que asumiu a Alcaldía. Dito isto, reafirmouse en que adopta a decisión que cre mellor e remarcou que "a vida política é así, non ten volta de folla".

Como é habitual nas súas comparecencias públicas, recorreu á metáfora e recordou a súa conversación cun amigo ao que lle dixo que se sentía "como un escalador que sobe dez ou doce oito miles". "Eu subín varios e volvo estar outra vez a pé de montaña", constatou, antes de apelar ao "espírito deportivo" en política.

"Unhas veces estase arriba e outros abaixo, pero nunca poden perder a conciencia de que somos transeúntes", remarcou, antes de engadir que agora se desvinculará "absolutamente" da vida municipal para centrarse na defensa da súa "inocencia" e retomar a súa profesión como avogado. Previamente, convocará un pleno extraordinario para elixir o seu sucesor, no que participará e, posteriormente, renunciará tamén á súa acta de edil.

"SEN PRESIÓNS"

Tras proclamar que o que toca agora é "loitar por acreditar a súa inocencia", Conde Roa advertiu de que non se vai "con ningún dano persoal". "Os que crean que ao longo destes días estiven sometido a unha presión insoportable equivócanse. Voume sen ningún dano persoal e sen ningún rancor, dígoo sinceramente", remarcou, antes de insistir en que está "orgulloso" de ser alcalde da capital galega.

Na súa intervención, asegurou que "non é máis que un militante máis do PP" que está "encantado" de pertencer a un partido que o avalou. "Non recibín nin a máis mínima presión para que dimitise. Feijóo non me pediu a dimisión, repítoo, sublíñoo e é a verdade con maiúsculas. Nin me premeu nin me pediu a dimisión. Os tempos manéxoos eu e creo que dimito no momento oportuno", esgrimiu.

Preguntado por se o presidente galego avalaba a súa permanencia na Alcaldía de Santiago, Conde Roa defendeu que el non é "exégeta" nin un "analista" do que está "en mente de terceiras persoas" e insistiu en que foi el quen lle comunicou ao seu xefe de filas o seu desexo de dimitir, cos "mesmos argumentos" que expuxo publicamente. "O PP marca un nivel con este paso", advertiu.

Sinalou que tivo "unha longa conversación con el" na que lle transmitiu a súa decisión, que Núñez Feijóo "entendeu perfectamente". "Entendeuno e díxome que lle parecía correcta", alegou, para engadir que foi el quen pediu ao seu xefe de filas que estivese presente na reunión na que trasladou aos seus concelleiros a intención de dimitir e que tivo lugar na sede autonómica do partido "por intendencia".

RECORRERÁ O AUTO

Tras subliñar que "mantén a súa inocencia" e cargar contra a "patética" actuación de PSdeG e BNG no seu caso, incidiu en que o auto que ratifica a súa imputación, que prevé recorrer, "non prexulga a súa presunción de inocencia" e chamou a non realizar "lecturas parciais" deste para non caer en "interpretacións parciais".

Aínda que "non é unha persoa infalible" e admitiu "erros", Conde Roa despediuse resaltando o seu "orgullo" por ser alcalde de Santiago e, para destacar a importancia de ostentar o bastón de mando da capital galega, recordou "que unha vez Manuel Fraga dixo que, tras ser Papa, o máis importante era ser alcalde de Santiago".

"Para min selo enche todas as miñas aspiracións políticas. ¿Que remata de forma abrupta? Pois que lle imos facer, creo que tampouco estamos aquí para mirar cara a atrás e lambernos as feridas. Estou para axudar no que poida", resolveu.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS