Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Conde visitará México esta semana para reforzar as relacións comerciais e abrir novas vías de investimento

O conselleiro encabezará unha delegación comercial que busca oportunidades para o sector de equipamento de edificios

OURENSE. EP  | 14.11.2017 
A- A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, iniciará este mércores unha viaxe de catro días a México co obxectivo de "reforzar as relacións comerciais" co país azteca e "abrir novas vías de investimento" para as empresas galegas.

Así o sinalou este martes en Ourense, após un encontro cos alumnos do IES 12 de Outubro no marco do programa 'Xeración Responsable', que pretende impulsar entre os mozos galegos debates relacionados coa inclusión social e o desenvolvemento sustentable co medio ambiente.

Conde explicou que a súa estancia en México terá tres obxectivos principais: estreitar os contactos institucionais coas autoridades mexicanas; asistir ao 10 aniversario da Unión Mexicana de Empresarios Galegos (Umegal) e acompañar a unha misión comercial galega en busca de oportunidades para o sector contract (dedicado ao equipamento de edificios).

A axenda de Francisco Conde iniciarase cunha reunión co embaixador de España en México, José Luís Fernández-Cid. O encontro contará coa presenza dunha vintena de empresarios galegos especializados en rehabilitación de vivendas, aplicacións de madeira ou aluminios e insonorización de edificios que buscan abrirse mercado no país azteca.

Neste sentido, a delegación ten previsto visitar a empresa de automoción Viza, así como manter unha reunión coa Asociación Mexicana da Industria Automotriz, para buscar oportunidades de negocio.

Conde tamén destacou a súa presenza e a da delegación comecial galega no acto do X aniversario da Unión Mexicana de Empresarios Galegos como unha "oportunidade para compartir" experiencias e intereses cos galegos que forman parte do tecido empresarial mexicano.

SUSPENDIDA

O conselleiro lembrou que esta visita estaba prevista para o pasado mes de setembro, pero que tivo que ser suspendida após o forte terremoto que arrasou o país centroamericano.

Tamén explicou que nos últimos anos México converteuse nun "importante aliado comercial" xa que, desde o ano 2000 "triplicouse o número de empresas galegas que exportan" ao país azteca.

Ademais, informou de que no oito primeiros meses de 2017 as exportacións a México creceron un 72 por cento, respecto ao pasado ano. Así, entre xaneiro e agosto de 2016 as exportacións galegas a México supuxeron case 188,5 millóns de euros, mentres que neste ano situáronse en 324,5 millóns.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS