Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 13:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Condenados os pais dun menor que consentiron que o seu fillo acumulase 3.557 faltas de asistencia a clases

O alumno, que agora ten 15 anos, deixou de asistir de maneira regular ao seu centro de ensino no Carballiño no curso académico 2010-2011

OURENSE. EP  | 18.09.2019 
A- A+

Os pais dun menor do Carballiño recoñeceron este luns a súa responsabilidade nas reiteradas faltas de asistencia a clases do seu fillo, chegando a acumular un total de 3.557 ao longo de varios cursos académicos.

Nun primeiro momento, o Ministerio Fiscal solicitaba para os proxenitores seis meses de prisión por un delito de abandono de menores, pero finalmente o avogado da defensa e a Fiscalía chegaron a un acordo, despois de que os procesados recoñecesen os feitos, polo que se lle impón unha pena a cada un deles de seis meses de multa a razón de 4 euros ao día.

Neste contexto, a maxistrada xuíz considerou que os acusados "incumprindo os deberes de asistencia e coidado aos que están obrigados respecto do seu fillo menor de idade, e con pleno coñecemento, consentiron que non asistise regularmente a clases".

Así mesmo, a sentenza recolle o informe de absentismo escolar do menor que suma en total 3.557 faltas ao longo de sete cursos académicos, empezando no curso 2010-2011 ata decembro do 2018. Os proxenitores tan só xustificaron 214 faltas das 224 que o menor tivo no curso escolar 2014-2015.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS