Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Condenan a 100 días de cárcere a un veciño de Vilagarcía por incumprir o confinamento varias veces

O home de 47 anos foi denunciado en catro ocasiones por abandonar o seu domicilio sen xustificación

SANTIAGO. EP  | 28.03.2020 
A- A+

Un veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) de 47 anos foi condenado a cen días de cárcere por un delito de desobediencia ao incumprir de forma reiterada a orde de confinamento que existe en todo o territorio español desde a madrugada do 15 de marzo, cando foi declarado o Estado de Alarma para combater a pandemia de coronavirus.

Nunha sentenza emitida este venres 27 de marzo após a celebración dun xuízo rápido, o Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa impuxo a sanción de cen días de prisión para un home que foi interceptado na tarde do xoves mentres saía da súa casa sen motivo aparente.

Con todo, a xuíza ordenou a suspensión da pena por un período de tres anos, polo que o condenado --que mostrou conformidade e non presentará recurso-- non deberá ingresar no cárcere se non delinque durante ese tempo.

O home foi interceptado ás 18,30 horas do pasado xoves no portal do seu edificio por axentes da Policía Nacional, que formularon unha denuncia administrativa por incumprimento da orde de confinamento.

A do xoves converteuse na cuarta vez que este veciño de Vilagarcía de 47 anos era proposto para sanción polo mesmo motivo desde a declaración do Estado de Alarma.

Na súa sentenza, a titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía manifesta que o condenado actuou "a propósito da vixencia do estado de alarma no territorio nacional, con absoluto menosprezo á limitación da liberdade de circulación que fora imposta e sen causa justificada".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS