Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

DENUNCIA

Contaminación química pola utilización de herbicidas nas nosas estradas

Adega avoga polo rozado das cunetas

REDACCIÓN  | 18.06.2008 
A- A+

O uso indiscriminado de herbicidas na beira das estradas está a provocar unha importante contaminación ambiental. Así o denunciaron onte dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), quen advertiu de que, un ano máis, estes produtos están a verterse sen control en centos de estradas galegas, especialmente na comarca da Barbanza. Segundo sinala Adega, a práctica de contorlar o crecemento da vexetación herbácea mediante o uso masivo e indiscriminado de herbicidas é moito máis negativa que positiva. "O remedio é peor que a enfermidade", aseguran xa que, coa excusa de limpar as beiras das estradas, estase a provocar unha persistente contaminación química no medio.

Segundo a asociación ecoloxista, as cunetas resecas con grandes cantidades de materiais combustíbeis poden provocar a extensión dos lumes que ademais liberan as substancias químicas tóxicas dos herbicidas na atmosfera. Do mesmo xeito, poden pasar á cadea alimentaria a través da inxesta de herba polos animais domésticos ou da auga dos acuíferos, xa que a vertedura de cunetas non ten en conta que existen cultivos situados ao pé das estradas. Por iso, dende Adega, solicitan que se troque o uso de herbicidas por un rozado mecánico ou manual coa recuperación da materia orgánica, que ademais de ser inocuos crean máis postos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS