Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 13:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Controlado o incendio de Mondariz despois de calcinar 150 hectáreas

SANTIAGO. EP  | 08.10.2018 
A- A+

O incendio forestal de Mondariz (Pontevedra) quedou controlado despois de calcinar unha superficie dunhas 150 hectáreas e despois de estar próximo a casas, o que obrigou a desaloxar a medio centenar de veciños na noite do domingo.

A Consellería de Medio Rural informou a través de Twitter de que as chamas que se iniciaron na parroquia de Sabaxáns están controladas.

Durante esta mañá traballaron varios medios aéreos e terrestres, para tratar de arrefriar a zona, nunha xornada con menos vento que a do domingo, aínda que segue habendo refachos.

Na tarde do domingo, de feito, o lume propagouse con rapidez orixinando unha fumareda moi escura. Este luns, xa sen perigo para vivendas, o fume que aínda sae do monte queimado é máis claro.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS