Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Controlado un brote de tuberculose en Lugo con nove afectados, seis deles nenos

Sanidade asegura que "xa non representa un risco para a poboación" ao estar o primeiro caso "localizado e a tratamento antituberculoso"

LUGO. EP  | 20.09.2019 
A- A+

A área sanitaria de Lugo mantén controlado un brote de tuberculose con nove afectados, entre os que se inclúen seis nenos, após detectar o caso inicial.

Así o explicaron a Europa Press fontes da xerencia sanitaria de Lugo, que concretaron que foron detectado o caso índice inicial, outro seis nenos --que non poden contaxiar a enfermidade-- e dous adultos.

As mesmas fontes relataron que após a detección a finais de agosto de 2019 dun caso de tuberculose nun neno de dous anos, o Servizo de Pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en coordinación coa Unidade de Prevención e Control da Tuberculose (UTB) de Lugo, "iniciou o estudo dos seus contactos" seguindo o protocolo establecido polo Programa Galego de Prevención e Cotrol da Tuberculose.

No marco do protocolo de estudo de contacto dun caso de enfermidade tuberculosa nun neno, en primeiro lugar búscase o caso fonte entre os adultos, xa que os nenos pequenos non contaxian debido "á súa incapacidade de expectorar", explican, que mantiveron "un contacto estreito co enfermo".

Por mor deste estudo, diagnosticáronse máis nenos enfermos e infectados, polo que, indicaron as mesmas fontes, realizáronse "as probas necesarias a toda a comunidade de persoas que estiveron en contacto con eles", coa finalidade, destacaron as mesmas fontes sanitarias, "de atopar o caso inicial que empezou a cadea de transmisión", o cal "xa está localizado e a tratamento antituberculoso".

NUNHA FAMILIA
Por iso, aclaran as mesmas fontes sanitarias, "xa non representa un risco para a poboación". Respecto diso, indicaron que, segundo transcorra a investigación, determinarase "a conveniencia de ir ampliando ou non o estudo", en función "da aparición ou non de novos infectados/enfermos ou dalo por concluído", destacaron.

As mesmas fontes consultada, puntualizaron que se trata dun brote dentro dunha familia, porque hai un maior afectado, que se corresponde co caso inicial, e varios nenos relacionados, ademais doutros dous adultos.

A Consellería de Sanidade explica que a tuberculose, ao tratarse dunha enfermidade infecto-contaxiosa, en determinados casos require de actuacións especiais, todas coordinadas por unha unidade de referencia (UTB), ademais da que existe unha en cada un dos grandes complexos hospitalarios de Galicia.

Respecto diso, explicou que, ante a aparición dun caso de enfermidade avalíase o risco potencial de transmisión e organízase o estudo dos seus contactos, nun principio dos máis íntimos --os que conviven máis de seis horas diarias co enfermo--.

Ademais, as mesmas fontes sanitarias aclararon que se debe diferenciar, por unha banda, a enfermidade tuberculosa --persona enferma de tuberculose e con sintomatoloxía clínica--, que pode ser contaxiosa ou non. Neste caso, aclaran que "os nenos pequenos enfermos non transmiten a enfermidade" por "a súa incapacidade de expectorar".

Doutra banda está a infección tuberculosa, en relación á persona que tivo contacto co bacilo da tuberculose, pero que non está enferma --non ten síntomas-- e "nunca é contaxiosa". Ás persoas que dan positivo, se non existe contraindicación, se lles pauta un tratamento preventivo para evitar que desenvolvan a enfermidade no futuro.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS