Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

denuncia da Unión Democrática de Pensionistas

O copagamento pode supoñer para algún afectado "deixar de comer dous días"

LUGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O presidente da Unión Democrática de Pensionistas de Lugo, Bernardino Barreiro, asegurou este luns, a propósito da entrada en vigor do copagamento farmacéutico, que esta medida lle pode supoñer a algún pensionista "deixar de comer dous días".

Bernardino Barreir,o que preside a asociación máis numerosa, con mil pensionistas dos 125.000 da provincia, puntualizou que "cabreados non é que esteamos, pero si afectado", e se preguntou que vai pasar con aqueles enfermos "crónicos".

"A unha familia que cobra pouco ao mellor ten que pasar dous días sen comer. Os pensionistas recoñecen que España está moi endebedada e que haberá que axudar", resígnase.

Ademais, aproveitou para recordar que "as pensións en Lugo son das máis baixas do estado", ademais de facer especial fincapé en que "os pensionistas temos que axudar os fillos e os netos coas nosas pensións e ao mellor viven catro ou cinco persoas desa pensión".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS