Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A creación de empresas baixa un 8,6% en abril en Galicia e as disolucións dispáranse un 69,8%

Amplían capital 114 compañías e redúceno 30, mentres desembolsa dividendos pasivos unha sociedade

SANTIAGO. EP  | 10.06.2019 
A- A+

O número de novas sociedades mercantís baixou un 8,6% en abril en Galicia o pasado mes de abril respecto ao mesmo período de 2018, até sumar 374 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 69,8%, até 163, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

As novas empresas creadas na comunidade galega supuxeron a subscrición de capital por 14,25 millóns de euros, e o desembolso da mesma contía. Foron 373 sociedades limitadas (por 14,19 millóns de euros) e unha sociedade anónima (por 60.000 euros).

Mentres, as disolucións alcanzaron as 163, 84 delas voluntarias, 63 por fusión e 16 doutro tipo. Ampliaron capital 114 compañías (por 32,2 millóns) e reducírono 30 (por 24,14 millóns). Pola súa banda, desembolsou dividendos pasivos unha sociedade mercantil, por 42.000 euros.

No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís baixou un 1,5% o pasado mes de abril respecto ao mesmo mes de 2018, até sumar 8.681 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 8,3%, até totalizar 1.609.

TERREO NEGATIVO
Co retroceso de abril, que coincide co mes no que se celebrou a Semana Santa, a creación de empresas volve a terreo negativo após dous meses consecutivos de alzas interanuais.

O 19,6% das sociedades mercantís que se crearon en abril dedícase ao comercio e o 14,4% a inmobiliarias, financeiras e seguros. En canto ás sociedades disoltas por actividade económica principal, o 20,2% correspondeu ao comercio e o 15,9% á construción.

Para a constitución das 8.681 empresas creadas en abril subscribíronse máis de 246 millóns de euros, o que supón un descenso do 43% respecto ao mesmo mes de 2018, mentres que o capital medio subscrito, que se situou en 28.426 euros, retrocedeu un 42,1% en taxa interanual.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS