Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 25.05.2018 Actualizado 17:58
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A creación de empresas cae un 12,8% en marzo en Galicia, pero a disolución tamén baixa un 7,4%

SANTIAGO. EP  | 11.05.2018 
A- A+

O número de novas sociedades mercantís en Galicia baixou un 12,8% en marzo respecto ao mesmo mes de 2017, cun total de 410, segundo os datos difundidos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Con todo, as disolucións de empresas tamén baixaron un 7,4%, até 113.

Deste xeito, Galicia sofre unha caída de creación de empresas lixeiramente superior á media estatal (-12,1%) e acumula dez meses consecutivos de baixadas.

As disolucións na Comunidade están por baixo do retroceso no Estado (-12%). Do total de 113, 98 foron de forma voluntaria, tres por fusión e 12 doutro tipo.

En canto ás 410 sociedades creadas, supuxeron a subscrición de 27,2 millóns de euros e o desembolso da mesma contía. Tan só unha optou pola fórmula de sociedade anónima e o resto constituíronse como sociedades limitadas.

Mentres, ampliaron capital 117 empresas o segundo mes do ano na comunidade galega, por un valor de 408,5 millóns de euros. Nove delas eran sociedades anónimas, cuxa ampliación alcanzaron 387 millóns. As restantes 108 eran sociedades limitadas, por 21,5 millóns.

Ao lado contrario, reduciron capital 22 sociedades mercantís galegas, por 15,3 millóns de euros. Ningunha empresa desembolsou dividendos pasivos en febreiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS