Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 21.08.2017 Actualizado 18:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Críticos de Podemos Galicia designan unha "nova estructura executiva" para o Consello Cidadá Autonómico

Este sábado reuníronse 18 dos 35 membros do Consello Cidadán Estatal co obxectivo de abrir "unha nova etapa" tras Vistalegre II

SANTIAGO. EP  | 19.03.2017 
A- A+

O sector crítico de Podemos Galicia coa dirección do partido reuniuse este sábado en Santiago, onde 18 dos 35 membros que forman o Consello Cidadán Autonómico --órgano máximo de dirección-- elixiron unha "nova estrutura executiva" para "cumprir co mandato" da asemblea estatal da formación morada denominada Vistalegre II, que tivo lugar a comezos de febreiro.

A reunión congregou á "maioría" do CCA (18 de 35), que se atopaban "apartados dos órganos de decicisón" e que están enfrontados á secretaria xeral da formación morada en Galicia, Carmen Santos, que non acudiu á reunión, xa que, como asegurou o pasado venres a Europa Press, é "a única" que ten potestade para convocar este órgano.

Segundo explicaron a Europa Press fontes presentes no encontro deste sábado, trátase dun movemento para a "aplicación estrita e rigorosa" dos documentos aprobados en Vistalegre II, onde Carmen Santos "manifestouse a favor" da corrente gañadora, a do líder da formación morada, Pablo Iglesias.

Deste xeito, lembraron que a Asemblea estatal ditou que a aplicación desta nova estrucutra para as formacións autonómicas de Podemos debía ser aplicada nun prazo "de tres meses", polo que xustifican o paso adiante dado polo sector crítico dado que "un mes e medio despois" de Vistalegre, Santos aínda non convocara o CCA.

ARES JIMÉNEZ, NOVO SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN

Os principais acordos alcanzados foron a designación dunha "nova estrutura executiva", na que foron escollidas "seis" novas secretarías das 14 existentes, polo que o sector afín a Carmen Santos "mantén a maioría", con oito.

Así, Ares Jiménez foi elixido como novo secretario de organización, cargo que na actualidade ostenta Juan Merlo, deputado de En Marea no Parlmento galego. Os críticos xustifican esta decisión debido a que o cargo implica "dedicación exclusiva" e o traballo na Cámara autonómica de Merlo fai necesario que outra persoa asuma a secretaría de organización ante o período de dous anos ata as próximas .

Ademais, o tamén parlamentario de En Marea Pancho Casal xunto a Verónica Hermida asumirán as portavocías do Consello Cidadán Autonómico, mentres que Marcos Cal (tamén deputado) foi escollido para a secretaría de Acción Institucional; Patricia Grela para a de Igualdade, Feminismos e LGTBI; Iria López na de Educación e Celtia Travesas asumirá a secretaría do Medio Rural.

Segundo estas fontes, as decisións acordadas serán trasladadas aos membros do CCA --incluída Santos-- que non acudiron ao encontro deste sábado. Deste xeito, abrirase un prazo de 48 horas para que estes "poidan votar".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS