Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 16.07.2019 Actualizado 14:19
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Cs propón candidatos a Europa de "futuro" fronte aos que buscan un "retiro dourado" dos "vellos partidos"

OURENSE. EP  | 13.05.2019 
A- A+

O eurodeputado e número 4 de Cs ao Parlamento Europeo, Javier Nart, defendeu que a súa formación representa un "proxecto de unión, liberdade e modernidade" que será "a voz en Europa" de "millóns de españois cansos do populismo e do nacionalismo" e da "inacción dun bipartidismo que se quedou estancado na súa compracencia".

Nun acto de campaña este domingo en Ourense, na Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Beiro, Nart estivo acompañado do candidato á alcaldía Pepe Araujo.

Para Nart, o proxecto de Cs ten "o mellor equipo posible: persoas valentes e comprometidas, que van deixarse a pel por defender os seus ideais, cunha axenda reformista e renovadora".

O eurodeputado quixo destacar que Cs conta "cun equipo de persoas aberto á sociedade", un proxecto que soubo "incorporar talento sen sectarismos" a diferenza dos "vellos partidos", que "envían a Europa a quen queren quitarse do medio ou a quen lles molestan". Fronte a eles, o proxecto de Cs representa "o futuro e non o pasado".

"Outros ven Europa como un retiro dourado; nós vémolo como a gran oportunidade para achegar o noso coñecemento e a nosa bagaxe para loitar pola unión, a igualdade e a liberdade de todos os españois, tamén en Europa", resaltou.

Para finalizar, lembrou que o equipo para Europa está liderado por Luís Garicano, unha "persona formada, profundamente europeísta, firme defensor dos valores que representa o proxecto europeo e traballador incansable. Temos equipo, visión e futuro para gañar as próximas eleccións europeas".

Pola súa banda, o candidato á alcaldía de Ourense, José Araújo, elixiu as asociacións de veciños de Vilas das Tres, Santa Eulalia de Beiro, Castro de Beiro e Palmés para abordar "un problema urxente que necesita solucións e onde non hai cabida a máis promesas incumpridas" como é o desenvolvemento do rural, que segundo as súas palabras "debe converterse nun espazo vital cheo de oportunidades".

Araújo asegurou que se "dará prioridade" a aprobar a PXOM" (Plan Xeral de Ordenación Municipal) para eliminar a "actual inseguridade" tras a aprobación provisional pola Xunta de Goberno da actual corporación de Ourense e insistiu en que a cidade non se pode "permitir outro catro anos sen PXOM e coa ameaza da súa nulidade".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS