Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 20.06.2013
| Actualizado 00.43
Que Rodríguez Zapatero pensou que tiña una variña máxica? Posiblemente, ou que todo neste mundo era fácil de obter só con desexalo. A táctica do PP mentres o anterior presidente se desgastaba pola explosión da crise era a de esperar ver o cadáver do enemigo pasando pola porta de casa. Os incondicionais aseguraban que Mariano Rajoy non tiña porque entrar ao trapo, nin para axudar o gobernó do PSOE nin para remátalo: caería coma froita madura. Os desconfiados pensábamos que aquel silencio permanente non era senón falta de ideas ou, sendo tolerantes, que non uería expoñelas antes das elecións.
Apenas seis meses despois de celebradas estas a constatación é clara: Rajoy nin tiña nin ten ideas para solucionar os graves problemas que España ten. Por non ter, non ten nin a coraxe necesaria –carencia que tanto criticou a Rodríguez Zapatero- para pedir sacrificios a todo o país, recoñecer os errores pasados –propios ou alleos: so fala destes últimos- e botar doses de esperanza. As medidas que tomou foron obrigadas desde os organismos internacionais, serodias –ás veces á mantenta, como o retraso dos orzamentos ata as autonómicas andaluzas-, presentadas como triunfos e cunha actitude forte cos febles e débil cos poderosos.
Rajoy é mentireiro, cobarde e, por non ter, non ten nin dignidade. Un político de raza, deses que saben (ou confían) que poden volver a ter o apopio dos cidadáns, tería presentado a dimisión pola incapacidade de resolver a crise. Pero, coidado, o obxectivo final de Rajoy non é resolver a gravísima crise financeira, porque iso formaba parte do guión do aznarismo desde 1996. O seu propósito, e por iso vai seguir ata o remate da lexislatura, é deixar o estado social irrecoñecible, moito peor que como o deixara o réxime franquista, que xa é dicir.
Os traballadores, as clases medias, os xubilados, os nenos, a mocidade, estamos a pagar os excesos, a borracheira de millóns e millóns de euros que promotores inmobiliarios e banqueiros se repartiron e, ao calor da mesma, políticos irresponsables malgastaron en obras faraónicas e inútiles. O preocupante é que os mozos xa non saben como loitar –anestesiados como están pola cultura do éxito fácil e por tanta maquiniña- e os que x atemos certa idade non andamos xa con folgos. E diso se aproveitan.
