Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 22.04.2014  | Actualizado 21.34

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este sábado, en compostela

EN cumpre vinte anos cun acto que pretende ser o primeiro do novo proxecto común

Deixará de usar as súas siglas para participar de forma individual na construción dunha futura alternativa

SANTIAGO. EP  | 13.04.2012 
A- A+

Esquerda Nacionalista --o partido recentemente escindido do BNG-- celebra este sábado o seu 20 aniversario cun acto en Santiago de Compostela no que reunirá representantes das distintas sensibilidades nacionalistas coa pretensión de ser "a primeira" das imaxes do novo proxecto común que buscan crear despois das diferentes saídas do Bloque que se produciron nos últimos meses.

Así, Esquerda Nacionalista celebrará un acto "íntimo e cargado de emocións", no que está previsto que se reúnan representantes políticas que no seu día abandonaron esta mesma organización e que agora, con este acto, pretenden pechar "vellas feridas" e "confluír" nun proxecto común.

"Entendemos o acto como o primeiro do nacionalismo fóra do BNG, baixo unha filosofía de conciliación e entendemento", que debe servir como base para o novo proxecto, explicou a Europa Press o secretario xeral de Esquerda Nacionalista, Xosé Chorén, unha das persoas que intervirá no acto deste sábado.

Tamén o farán o presidente deste partido, Alberte Xullo Rodríguez Feixoo e o secretario de xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas, así como está previsto que o faga o voceiro do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras.

Neste escenario, Esquerda Nacionalista celebra un acto que, en palabras de Chorén, pretende ser de "xenerosidade" e que sirva para "pechar vellas feridas".

Pola súa banda, Esquerda Nacionalista, a partir do sábado, "vai retirar as súas siglas do debate político". "É prioritario non falar de siglas, hai que deixalas para que o proxecto funcione", explicou o secretario xeral deste partido, quen matizou que iso non significa que se disolvan, senón que se deixarán en letargo político para construír o novo proxecto común.

"REDUCIR A SOPA DE LETRAS"

"É o momento de reducir á mínima expresión a sopa de letras", ilustrou Xosé Chorén, quen asegurou que as "cousas (do novo proxecto) van razoablemente ben". "As persoas que son responsables deste tempo político son moi sabias á hora de marcar os tempos e tomar as decisións", asegurou.

Desta forma, este 14 abril, explicou Chorén, "quere ser o primeiro chanzo desa foto dos que serán responsables de levar a bo porto" o novo proxecto.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS