Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.10.2014  | Actualizado 20.10

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LUCERNA DA PORTELA

Curota interminable

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ  | 14.03.2012 
A- A+

Flegmática paciencia, infinda tranquilidade sosegada nun agarimo exacerbado, na ara da inspiración constante de inalterable delicadeza.


Un conxunto nunha única realidade, un mestre da modelaxe xurdido das mellores habilidades da diversidade de profesionais con coñecementos profundos en diferentes ámbitos.


Imperturbable, con todo vagar, intemporal, desafiante da meticulosidade cronolóxica, executa sen pausa a súa gran creación, sen data de comezo nin final, mais con exclusiva dedicación logrou unha cume que ampara a unha ampla contorna, redonda sempre ansiosa por venerar a tan extraordinaria Curota.

Apracible, semella agradecido o cume coas infatigables atencións do seu imperturbable creador, incansable non concede tregua no seu empeño e, modela sen desmaio. Turbulentos desvelos, sen xeira para o descanso, consegue magnificencia na súa execución permanente e perseverante.


Un artista de profunda inspiración, a súa obra é digna de admiración, recoñecemento lóxico para un ser sensible e artífice de prodixios naturais sen comparanza. Un grandioso monumento de tan coidadosa labor, semella na súa esencia un fío umbilical, unha aperta que mesmo tenta unir ou separar a ría de Noia e Arousa


Sobre a crista do cume desprazarse acompañando o movemento a unha auscultación profunda de todo o que os sentidos logren percibir, concede o espírito un estado de concordia de máxima satisfacción. Estadio que minimiza a calquera que consiga captar e interiorizar con tan maxestosa experiencia de radical expresividade.


Magnificencia do espectáculo, unha obra clásica, de sempre, para impregnarse decote no seu intrigante halo, un escenario encantado, onde os actores amosan a súa xenialidade e creatividade para abraiar.


Este valado natural, tremendamente ousado, contempla dende a súa atalaia un océano de loita constante, mais submiso e rendido ante tan infatigable poderío.


Terra, auga e vento, un tridente unido nunha contorna única dende logran transmitir sen interferencias o gran paradigma da natureza galega. Estamos ante unha deusa afortunada, que mesmo brinca nese intanxible fío que une ou separa a mito e natureza. Acadar esta conclusión só é un exercicio doado de apego coa terra.


Gozar desta obra sempre inacabada é recollemento para o espírito e maná para o corpo, dende este alto lugar podemos contemplar a auténtica ánima dunha natureza indomable que contrasta coa insignificancia do ser humano e, a súa necesidade imperiosa de dominio e recoñecemento. Unha paradoxal circunstancia que altera as leis vitais da propia natura.






Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS