Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.05.2019 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

David Regades, ante a posibilidade dunha zona franca na Coruña: "Por estatutos, a zona franca do Noroeste é Vigo"

VIGO. EP  | 23.04.2019 
A- A+

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, afirmou este martes que descoñece a proposta de crear unha zona franca na Coruña, e matizou que, "por estatutos, a zona franca do Noroeste de España, é a zona franca de Vigo".

Así o manifestou, a preguntas dos medios sobre a posibilidade de que a área herculina conte cunha zona franca, unha formulación defendida, entre outros, polo economista e expresidente socialista da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe.

"Non a coñezo (a proposta), comigo ninguén se puxo en contacto", indicou David Regades, que exerce desde xullo de 2018 como delegado do Estado na única zona franca que hai en Galicia.

Regades fixo estas manifestacións antes de participar nun xantar-coloquio con empresarios, celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, e no que trasladou os proxectos do organismo estatal en tres grandes bloques: solo empresarial, servizos, e relación coa cidade, o Concello e a Deputación de Pontevedra.

O delegado puxo en valor a riqueza e o desenvolvemento económico que se xera nos parques empresariais de Zona Franca, e subliñou que a rendibilidade media por traballador en Galicia é de 30.000 euros, fronte aos 41.000 euros de media por cada traballador das áreas de Zona Franca.

Así mesmo, volveu a reivindicar a súa filosofía de "achegar" ao organismo á cidade olívica. De feito, en relación á reforma do Estadio Municipal Abanca Balaídos, Regades asegurou que a participación de Zona Franca só depende do que pida o alcalde, xa que a legalidade da devandita participación xa foi referendada pola Avogacía do Estado.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS