Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

RETALLOS DUNHA ÉPOCA

Decisión kafkiana contra o galego

23.12.2011 

5.0/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN

Dantesco, kafkiano de máis que o Valedor do pobo galego, dun pobo galego que ten unha lingua de seu que o identifica, que se é tal pobo o é pola súa lingua, quéirano ou non o queiran, quen o queira ou quen non o queira recoñecer, decida, resolva solicitarlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria á corrección ou retirada dun libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º curso de Primaria unha frase que di que a lingua propia de Galicia é o galego, tal e como recolle ademais, literalmente, o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, por non facer mención ao castelán como lingua tamén oficial da nosa comunidade.


Ipso facto o conselleiro atendeu o pedimento e esixiulle á editorial que rectificase o texto por carecer dese rigor científico do que carecen, precisamente os que, miña nai santísima, miran por nós ou nos valen, ou sexa os nosos valedores, de forma tan pouco rigorosa e tan hostil e contraria a algo tan incuestionable como que o galego é a lingua propia de Galicia, a deles tamén, úsena ou non, quéirana ou non.


A que veu esta decisión institucional? A que veu tal ditame que nin sequera se molesta en comprobar que nese mesmo libro se fala como en todos os libros de texto da oficialidade do castelán e se describe perfectamente a situación lexislativa vixente?


Que lles pasará, daquela aos libros que describen a situación sociolingüística na sociedade galega e que expresan claramente o ataque, que xa non dominio que sofre a nosa lingua cando din que a lingua dominante é o castelán e a dominada ou minorizada é o galego? Pasarán quizais a un índice de libros prohibidos e a seren queimados nalgunha praza pública?


Que outro prexuízo máis queren introducir na opinión pública sobre a lingua? Non chega cos que hai para destruíren a lingua galega? Que ten o galego para merecer este tratamento, esta ira, tal despropósito, tal vilipendio?


Por que esta caza de bruxas contra o galego?


Quen nos vale institucionalmente ética e racionalmente para que exista unha visión positiva das linguas e podermos derrubar as simplificacións e os prexuízos que tanto dano fixeron e fan aínda, á mantenta, e que tanto eco teñen na opinión pública?

 

Cal é o labor das autoridades políticas e educativas cara á lingua, alma, adn, patrimonio común de todas as galegas e os galegos, úsena ou non, quéirana ou non?


E así como se constrúe o plurilingüismo, tratando de restrinxir, de afastar o idioma galego do seu propio contexto, día si e día tamén?


Até onde queren chegar con esa inquina?

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS