Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

MEDIO AMBIENTE

Defensa da Ría de Pontevedra afirma que "coa lei na man" non se pode renovar a autorización ambiental a Ence

21.07.2011  Alega que a súa concesión "suporía lexitimar o incumprimento da lexislación autonómica, estatal e europea en materia de verteduras"

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

PONTEVEDRA. EP

Foto de arquivo dunha recente manifestación en contra dos permisos ambientais a Ence-Elnosa
Foto de arquivo dunha recente manifestación en contra dos permisos ambientais a Ence-Elnosa

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra asegura que "coa lei na man" a Xunta non lle pode renovar a Ence a Autorización Ambiental Integrada (AAI) que obtivo hai tres anos. Así, o colectivo ecoloxista critica que os directivos da fábrica "faltan á verdade" por afirmar que "cumpre toda a lexislación ambiental". 
O principal argumento da APDR para rexeitar a renovación dese permiso, tanto a Ence coma á empresa química Elnosa, é que a súa concesión "suporía lexitimar o incumprimento da lexislación autonómica, estatal e europea en materia de verteduras". O presidente da APDR, Antón Masa, afirmou nun comunicado que "nin é certo que Ence cumpra a lexislación nin é certo que haxa a obriga de renovalo a AAI". 
Masa recordou que no expediente presentado por Ence para a obtención da AAI non figura o informe preceptivo do concello de Pontevedra que acredite a "compatibilidade" do proxecto industrial co plan urbanístico, nin unha copia da solicitude dese documento. Trátase dun trámite "imprescindible" e que "ao non existir, procede poñer fin ao procedemento de renovación".

METAIS PESADOS 
A APDR denuncia que a actual AAI de Ence "incumpre a lexislación en materia de verteduras ao permitirlle verquer mercurio e cadmio á ría", metais pesados a presenza dos cales está prohibida pola Lei de Augas de Galicia, precisou o seu presidente. A única excepción daríase se a vertedura fose motivada polo arrastre deses materiais contidos nas materias primas, unha circunstancia que "non se cumpre no caso de Ence". Polo tanto, para Antón Masa trátase dunha autorización ambiental "contraria a dereito". 
Antón Masa sostén que a AAI que fixa a Xunta "permite contaminar por enriba do que marca a lexislación". Así, dende a APDR manteñen que os resultados ambientais --demanda química e demanda biolóxica de osíxeno, nitróxeno, chumbo e sólidos en suspensión-- presentados por Ence para optar á renovación son "moi superiores" aos fixados nun Real Decreto de 1996 que adecúa a normativa española á europea en materia de augas residuais urbanas. 
Precisamente, o colectivo ecoloxista considera que os efluentes de Ence son augas residuais urbanas, que a propia normativa define como "augas residuais que proveñen de núcleos urbanos, e aqueles industriais que salguen do medio receptor xunto con augas residuais desta natureza", sinala a APDR. 
A APDR tamén cuestiona o compromiso dos directivos da fábrica pastera de eliminar o impacto oloroso no prazo de dous anos posto que "xa perdemos a conta das veces que fixeron promesas semellantes", sostén Antón Masa, que insta á Xunta a paralizar a actividade industrial de Ence "sen esperar a 2018" pola "simple aplicación da lexislación". 
Antón Masa calcula que a APDR recolleu xa case 400 alegacións individuais e colectivas contra a concesión da AAI á empresa pastera. Esta campaña organizada polo colectivo ambiental continuará ata finais de xullo, para proceder á entrega da documentación a principios do mes seguinte. Para iso, Masa instou á cidadanía a "non se deixar enganar polas chantaxes de Ence" e a apostar pola "desaparición" do complexo industrial de Lourizán.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS