Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 24.04.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

o novo nacionalismo

EN deixa as súas siglas para traballar no novo proxecto cara ás autonómicas

Chorén asegura que do acto, no que participou Xoán Bascuas, "sairán os principais actores" da futura organización común

SANTIAGO. EP  | 15.04.2012 
A- A+

O secretario xeral de Esquerda Nacionalista, Xosé Chorén, asegurou que o partido, recentemente escindido do BNG, "deixa de lado as súas siglas nun estado latente" para "traballar" nunha nova organización nacionalista na que "prime o proxecto e as persoas" e na que, como augurou, Máis Galiza xogará un papel "moi relevante".

Deste modo pronunciouse durante a celebración do 20 aniversario da formación que tivo lugar na Cidade da Cultura e na que interviñeron o presidente do partido, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, e o secretario xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas.

Ademais, tamén contou coa presenza de representantes de distintas sensibilidades galleguistas como Rafa Cuiña --quen deu a coñecer este mesmo sábado a súa baixa como militante do PPdeG--. Finalmente, aínda que a súa presenza estaba anunciada, non acudiu o histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras por motivos de saúde.

Neste escenario, Chorén recordou a achega de Esquerda Nacionalista ao nacionalismo galego nestes 20 anos nun acto que, como apuntou, ten a pretensión de ser a "primeira" das "imaxes do futuro proxecto común" que diferentes formacións buscan crear tras as escisións do BNG producidas nos últimos meses.

Precisamente, con este obxectivo, iniciou a súa intervención asegurado que nesta celebración, "cargada de emocións", os presentes "pechan vellas feridas" e "trasladan o seu sentido de irmandade" para poñerse a traballar "nun proxecto común" que confiou en que "estea consolidado" para os próximos comicios autonómicos.

Segundo indicou, na futura organización nacionalista deberá "primar o proxecto e as persoas" polo que anunciou que Esquerda Nacionalista "deixa as súas siglas" nun estado "latente" polo que "non entrarán en ningún proceso de negociación" pois, como indicou, "o obxectivo é o novo proxecto".

Con todo, recordou que Esquerda Nacionalista se quixo erixir dende os seus inicios "nunha ventá aberta á sociedade" para "ampliar a base social do nacionalismo", unha "ventá" na que "os seus militantes plasmaron o seu compromiso" e "disposición" de traballar "con man de ferro e luva de serra" a favor do nacionalismo galego.

CONTRIBUCIÓN AO NACIONALISMO

Esta contribución do nacionalismo da formación foi valorada polo secretario xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas, quen se mostrou "orgulloso" do seu pasado como membro de Esquerda Nacionalista, organización na que "atopou" as persoas que le "marcaron politicamente".

Neste sentido, asegurou que a historia do nacionalismo galego recente "non se "pode entender" sen Esquerda Nacionalista, como "tampouco se pode entender o seu futuro" sen ela. Cuestión na que coincidiu Chorén ao indicar que o acto "é unha foto na que sairán os principais actores do que será o novo proxecto común".

"A ninguén lle escapa que todos os presentes estamos abocados á construción do novo proxecto nacionalista de Galicia", indicou Bascuas antes de indicar que "é probable" que "moita da xente presente" poida participar na "configuración dunha nova oferta electoral".

CONVERSACIÓNS CON OUTRAS FORMACIÓNS

Ademais, preguntado polos medios de comunicación sobre as conversacións mantidas por Máis Galiza con outras formacións para a creación do futuro proxecto, Xoán Bascuas, sinalou que, aínda que estas "se"deben manexar no territorio da discreción", "está a haber moitas conversacións que están a ser construtivas".

A este respecto, indicou que "no ánimo de todo o mundo está consolidar un proxecto" para os próximos comicios pero considerou que este "ánimo" agora "hai que materializalo".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS